Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/06/2024 | Actualizada ás 19:49
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), renunciou nos últimos días ao seu soldo duns 74.000 euros anuais do Concello, tras cumprir os 70 anos e xubilarse como médico do Sergas. Segundo confirman Europa Press fontes da Alcaldía, Fernández Lores tomou a decisión de renunciar á súa dedicación exclusiva despois de alcanzar o pasado venres, 7 de xuño, a idade máxima coa que se poden retirar os médicos.
Agora, pasará a cobrar como pensionista, ao que se sumarán as correspondentes indemnizacións por asistencia ao pleno municipal e ás comisións, como o resto de edís da Corporación, así como ás xuntas de goberno local semanais. Fernández Lores é o alcalde urbano máis veterano de Galicia, ao levar no cargo 25 anos, desde 1999. O pasado ano, a pesar de pasar a ser segunda forza fronte ao PP, puido ser investido por sétima vez como rexedor ao sumar os votos do cinco concelleiros socialistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.