Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/07/2025 | Actualizada ás 19:01
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que o Comité Federal que o Partido Socialista celebra este sábado en Madrid debe servir ao PSOE de "oportunidade" para "reorganizarse e reforzarse como partido".
Tras coñecerse que Rebeca Torró será a nova secretaria de Organización do PSOE, Besteiro, que encabezará a delegación galega integrada por 21 persoas que se desprazará a Madrid, valorou esta decisión como "un paso firme nun momento clave".
"É unha compañeira solvente, comprometida e que coñece ben o partido. A súa elección é unha boa noticia para o conxunto da organización", afirmou. Ademais, valorou e cualificado de acertados os nomeamentos de Montse Mínguez como nova portavoz e da viguesa Enma López como portavoz adxunta.
O líder socialista galego destacou tamén que esta renovación orgánica responde á necesidade de actuar con firmeza ante calquera comportamento que traizoe os valores do partido. "Fronte á corrupción, só cabe determinación e ningunha ambigüidade. E iso foi o que fixemos: apartamos de inmediato a quen traizoou a nosa confianza. Aquí non se tapa nada. Así actuamos os socialistas", sinalou.
Ademais, indicou que o Comité Federal debe ser tamén unha expresión clara de apoio ao proxecto que lidera o Goberno de España: "Un proxecto socialista que ofrece os mellores datos económicos e sociais en anos, onde o crecemento económico e a redistribución dese crecemento entre a maioría social son unha realidade contrastada".
Besteiro advertiu, así mesmo, do contexto político no que se celebra este comité: "As dereitas --a política, a económica e a xudicial-- están embarcadas nunha ofensiva perfectamente sincronizada". Ademais, referiuse a líder do PP. "Feijóo, a quen coñecemos ben en Galicia, está a levar ao PP a un espazo cada vez máis ultra e máis próximo a Vox", unha liña que considera que se verá "reforzada" no congreso que os populares celebran este fin de semana. "Ese é o contexto, e esa é tamén a responsabilidade que temos como partido: estar á altura, actuar con firmeza, con estratexia e, sobre todo, con unidade", ha afiramdo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.