Organizada polo Concello de Ribadavia, e baixo a nova dirección formada por Sabela Mendoza e Gena Baamonde, a 41ª edición da mostra internacional de teatro anuncia o outorgamento do Premio de Honra 2025 ao que fora o director ata o ano pasado, Roberto Pascual. A MIT será do 18 ao 26 de xullo.
  comenta   0
Faino tras presentar programación. Na súa 41ª edición, que terá lugar do 18 ao 26 de xullo, ofrece 35 actividades entre funcións, obradoiros, encontros, foros e accións abertas á comunidade.
  comenta   0
A obra de ButacaZero, en coprodución coa MIT e o CDN, consolida a Esther Carrodeguas como unha das dramaturgas máis destacadas do teatro galego contemporáneo. Por outra banda, o 19º Premio Abrente de textos teatrais foi para Alberto Ramos coa súa obra 'Os servizos prestados'.
  comenta   0
Datos espectaculares de asistencia, aínda sen contar cos últimos días de festival, e superando as marcas dos anos de pre-pandemia que foron os de máximos históricos da MIT, en 2018 e 2019. Prevese unha recadación histórica de arredor de 40.000 €.
  comenta   0
Os espectáculos de inauguración e clausura, 19 e 27 de xullo respectivamente, son "Dique" e "Iribarne", dúas pezas extraordinarias e avaladas pola crítica e xa teñen todas as entradas numeradas vendidas. Tan só quedan localidades sen numerar nos bloques 4 e 5 do Castelo.
  comenta   0
Será a primeira vez na historia do festival que se lle concede a un colectivo de danza. As entradas individuais para os espectáculos desta edición, que se desenvolverá do 19 ao 27 de xullo, xa están á venda.
  comenta   0
A Mostra será aberta por Nova Galega de Danza, co espectáculo 'Dique', que lembra ás 200 mulleres que escavaron o Dique da Campá, en Ferrol, un fito da enxeñaría española do século XIX
  comenta   0