A súa inclusión na lei de memoria democrática "obrigaría a que houbese un plan de usos formalizado e rigoroso que diga o que realmente se pode facer nun lugar da memoria, que debe estar perfectamente significado, visibilizado e promocionado", asegura o voceiro e coordinador do Instituto Galego da Memoria (IGM) Matías Rodríguez de la Torre.
  comenta   3
O xigante tecnolóxico contempla o recén inaugurado ascensor como un monumento, pero non inclúe o seu uso, polo que para chegar dende Vialia ata a estación de Vigo-Guixar, por exemplo, manda á xente a facer un rodeo de 1,2 quilómetros cando podería chegar percorrendo só 450 metros e aforrándose 10 minutos collendo o Halo.
  comenta   0
As bandeiras de conveniencia son vistas por parte de sectores vinculados ao mar como pavillóns piratas, unha proba da inseguridade laboral e xurídica en caso de accidente marítimo. Detrás delas están países cunhas condicións fiscais e sociais moi beneficiosas para navieiras, empresas de pesca e outros sectores vinculados ao tráfico marítimo.
  comenta   0
En tempada baixa, como é agora, as navieiras xa abriron as súas primeiras viaxes os sábados pola mañá, sen necesidade de solicitar o 'pasaporte' administrativo.
  comenta   0
Tras o maior desastre ecolóxico que sufriron as costas galegas, hai cuestións importantes que quedaron sen resolver. Endureceuse a lei para obrigar ás navieiras a modernizar os seus buques e activouse unha lista negra de embarcacións, pero quedou aínda se resolver a designación de xeito oficial dun gran porto refuxio en caso de novas catástrofes.
  comenta   2