Tras catro xornadas de xuízo na Audiencia Provincial de Ourense, o xurado popular, formado por cinco homes e catro mulleres, declarou ao acusado culpable de homicidio por omisión.
  comenta   0
Fiscalía cre que o que era parella da moza presenciou o accidente polo que recibiu lesións na cabeza que lle causaron a morte e non lle prestou axuda. Fiscalía pide para o acusado 14 anos de prisión, así como que indemnice a cada un dos pais de Nerea Añel con 100.000 euros.
  comenta   0
Nerea Añel desapareceu en Ourense a mediados de xaneiro de 2020, a súa familia viuna por última vez a noite de Reis. O seu cadáver foi localizado en avanzado estado de descomposición oito meses máis tarde, en setembro do mesmo ano, nunha aldea abandonada do Concello de Barbadás.
  comenta   0
O acusado participou na reconstrución dos feitos realizada esta mesma semana nas inmediacións do regacho onde apareceu o cadáver de Nerea oito meses despois da súa desaparición.
  comenta   0
O cadáver da moza apareceu nunha aldea de Barbadás o pasado ano. O caso segue baixo segredo de sumario.
  comenta   0