Así mesmo, López Veiga detallou que a zona afundida manterase neste estado durante a celebración do festival, que terá lugar o próximo mes de agosto.
O festival de cultura urbana confirma que celebrará a súa 19ª edición na localización habitual, o paseo das Avenidas, un ano despois do accidente.
O director do festival, Joako Ezpeleta, reuniuse co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e asegurou que a Xunta fixo unha proposta “xenerosa”, porque cre “importante” que “se manteña en Vigo” esta cita.
As nais de dúas vítimas do accidente aseguraron que a Administración non se puxo en contacto con elas para atender ás súas fillas.
Esperará á resolución do Consello de Estado sobre se os cargos municipais teñen que comparecer no Parlamento. López Veiga suliña que o Porto de Vigo debía coordinar a seguridade, pero non supervisar.
A portavoz municipal do Partido Popular de Vigo, Elena Muñoz, advertiu ao Concello de que se lle ocultan información" acudirá de novo ao xulgado para denuncialo, en referencia á documentación sobre a autorización municipal do festival.
Carlos Domínguez, fundador e organizador do festival O Marisquiño, compareceu este martes ante a comisión de investigación do Parlamento de Galicia sobre o accidente ocorrido o pasado mes de agosto.
Na comisión de investigación do accidente, Carlos Príncipe instou ao goberno municipal a asumir a súa responsabilidade. Pola súa banda, a Asociación de Festivais de Galicia apunta que non se pode atribuír á organización fallos por "vicios ocultos"
Rubén Pérez Correa está citado este martes no Parlamento para declarar sobre o accidente do pasado agosto. Pedirá o "cesamento" do presidente da Autoridade Portuaria, e sinalará ao goberno municipal por "incumprir" os "plans de urxencia" no seu momento.
O portavoz da investigación tilda de "intolerable e deleznable" a actitude do goberno vigués, do que di que non facilita o acceso á documentación.
A Fiscalía de Vigo pídelle unha fianza de 12.000 euros a este colectivo para poder personarse no proceso xudicial que investiga o accidente do Marisquiño.
O parlamentario Alberto Pazos Couñago considera que a actitude do alcalde de Vigo é "obstrucionista" e que logo de meses "dicindo que se cumpriron todas as obrigas, négase a entregar a dar conta no Parlamento".
  comenta   0
Elena Muñoz asegura que os populares son a "única alternativa real" para gobernar en Vigo e mantén as súas declaracións sobre o alcalde, nas que se referiu a que Caballero obrigaba os nenos a sacar fotos con el.
  comenta   0
Afectados denuncian que son "ignorados" polas institucións e piden sinalar responsables "con nome e apelidos". O PSdeG cuestiona o "teórico" portavoz dos afectados e reitera que a comisión é unha "mascarada".
  comenta   0
"Deixaremos o resto dos grupos con resultados mediocres en Vigo facer súa campaña electoral", asegura Abel Losada.
  comenta   0
Abel Losada censura os plans de traballo presentados polo resto de grupos, aos que acusa de usar o órgano para facer "campaña electoral contra Vigo".
  comenta   1
O grupo do PSdeG rexeitou formalizar proposta algunha coa idea de non contribuir ao que ven como unha "cerimonia da confusión".
  comenta   0
Os socialistas evitan participar na primeira xornada, de carácter técnico, da comisión impulsada por BNG e En Marea, coa abstención do PP.
  comenta   1
A portavoz do PP en Vigo, Elena Muñoz, dixo que os populares pediron explicacións desde o primeiro minuto pero que o alcalde Abel Caballero respondeu con "mentiras e descualificacións".
  comenta   0
Acúsao de ser un "pésimo candidato" e un "desastre" na oposición e que a intención do portavoz de En Marea é "pactar" para "erosionar o alcalde de Vigo".
  comenta   0
En Marea e BNG critican duramente ao rexedor vigués por negar que se saiba o acontecido no accidente. Os populares critican que o concello vigués tamén se opoña a falar deste tema no pleno.
  comenta   0