Pódese vivir do freestyle en Galicia? Dos parques aos escenarios

Analizamos a importancia de eventos como O Marisquiño no auxe desta disciplina urbana e coñecemos mellor aos freestylers galegos.

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 19/11/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Desde o ano 2001, en agosto, os amantes da arte urbana teñen unha cita co evento deportivo e cultural do Marisquiño que se celebra en Vigo. Nesta edición foi de sona e comentado o momento no que o alcalde Abel Caballero se animou co freestyle e improvisou unhas verbas para un público entregado: “Imos andar, viva o rap, que é o mellor, viva Vigo!’ Inconfundible co seu estilo, pero isto non é o importante, senón o propio evento que da cabida a moitas disciplinas. O CEO de Gallos del Norte, Álvaro Pumares é xefe de área do Marisquiño e destaca deste evento que se serve para escoitar ás novas xeracións porque “hai máis maneiras de saír adiante que o AB a sociedade normativa, se non fas A ou B, es un fallo do sistema”. Recoñece que é un encontro que chama a atención de todo o mundo xa non só xente nova. 

Taller en colexio de Gallos del Norte
Taller en colexio de Gallos del Norte | Fonte: Gallos del Norte

O speaker (presentador) Claudinho ten claro que o escenario máis especial foi na Porta do Sol, en Vigo, no Marisquiño. “É unha oportunidade bonita para que se xunte todo o movemento, promocionar e coñecer a xente doutras artes ou disciplinas”. Outra cara do freestyle que estivo nesta edición do Marisquiño foi Dj Affair que pensa que é un “gran escaparate para xente de fóra” que non sabe de “batallas, artes do hip hop e se pare para velo”. 

É O FREESTYLE UNHA INDUSTRIA EN GALICIA?

 

O lucense Iago Fernández Carro, coñecido ‘LE33’, é o único galego da FMS (Freestyle Master Series) esta temporada. Comezou no 2012 cando aínda non se creara unha liga profesional. Agora recoñece que se fixo do freestyle “unha disciplina e unha industria porque un conxunto de persoas viven disto”. Neste mundo non só están os freestylers senón tamén os xuíces, a figura do speaker ou narrador, o técnico de son… “Isto comezou nos parques, pero agora chegou aos escenarios”. Este rapaz co soldo que gaña pode permitirse vivir do freestyle residindo en Lugo. “Grazas á liga profesional teño un soldo e como artistas tamén acudimos a ventos, talleres, temos patrocinios e así aseguramos que teremos uns cartos a fin de mes”.Porén tamén nos indica que isto do freestyle é moi volátil porque hoxe podes estar arriba e o día de mañá ver como o teu posto xa o ocupa outra persoa e tin non cobras diso.

Taller de Gallos del Norte
Taller de Gallos del Norte | Fonte: Gallos del Norte

 

Alejandro Fernández, coñecido como Dj Affair, é o encargado de poñer ritmo coas súas instrumentais. “Os Djs somos como os directores de orquestra da banda sonora do freestyle en si” afirma e tamén di que é moi importante ter feedback e falar cos freestylers para saber si lles gusta “a instrumental ou o beat que lle lancei”. Alejandro compaxina os eventos de djs co seu traballo nunha empresa, xa que estudou a carreira de Publicidade e Relacións Públicas. “Como dj saco un pequeno salario irregular xa que no mundo dos eventos, uns meses moi ben e outros comes papas”. Dentro deste mundo o nome Dj Affair vai moi asociado, en Galicia e fóra das nosas fronteiras, co do speaker Claudinho ao que considera o  “Xose Ramón Gayoso do freestyle” porque sabe conectar con diferentes xeracións, tanto anima a un home de 60 como a un rapaz de 20. Non deixa indiferente”, que terá que dicir Claudinho ante isto? Pois despois de rir agradécelle e loa a Affair: “Compararse con unha figura tan emblemática é dificil, entendo o cariño me ten i é recíproco”. 

 

Claudio Amadeo Fernández ou o speaker Claudinho cuxa labor é “conectar á xente co espectáculo constantemente, levar o tempo e ser a cara visible da organización do evento”. Ante a pregunta de si vive economicamente disto responde que ten ganancias, pero que non lle dá para vivir “só diso” e compleméntao coas oposicións de profesor de Educación primaria. “Para min o freestyle é diñeiro ocasional”. 

 

Outro que pode dicir que vive do freestyle é Force, pero non por rapear, senón por crear contido diso. Manel Rozas ten a súa faceta de freestyler coa que conseguiu estar na FMS (liga profesional) e quedar subcampión de España en dúas ocasións. Porén, o seu fito foi en Youtube onde subía vídeos reaccionando a batallas e se converteu no primeiro en chegar ao millón de suscriptores. Lamentablemente un hacker quitoulle a conta en 2020 e tivo que reiventarse. “Decidin crear o primeiro podcast de freestyle con convidados todas a semanas, xente da música urbana,...”, expón e asegura que agora mesmo se dedica ao podcast ‘Free talks’.

 

‘O PIRATA’ DE MACEDA IMPROVISA EN GALEGO

 

Neste repaso de expoñentes desta disciplina da improvisación destacamos á figura de Santi ou ‘O Pirata’ ourensán de Maceda que empezou nisto con 7 anos vendo vídeos de Youtube e admirando o “momento rap do Xabarín club”. Dende entón improvisa en galego case no “99% das súas creacións” e recoñece que da música está “malvivindo, pero feliz”. Pasou por diferentes traballos dende moi novo. “Agora ingreso a través de eventos, concertos, obradoiros en centros comerciais, colaboracións coa Xunta,.. Danme de comer”, cóntanos Santi, que é parte de Gallos del Norte onde recoñece que a unión e o feito de xuntarse “creou a forza e o proxecto”.

Le33 actúa na FMS en Santiago de Compostela
Le33 actúa na FMS en Santiago de Compostela | Fonte: FMS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta