A candidata Olga Dourado González esixe solucións inmediatas para garantir o dereito ao voto dos emigrantes galegos nas eleccións do Parlamento Europeo.
  comenta   0
Olga Dourado González (Rianxo) é a cabeza de lista polo Partido Galego para as eleccións europeas. Exerceu como secretaria municipal en varios concellos, cousa que lle permitiu coñecer ben "o labirinto normativo" detrás da política local, autonómica e estatal. Defende un retorno económico xusto das enerxías que exporta Galicia. Tamén quere levar a Europa propostas para que retorne xente emigrada, sobre todo xente nova, ademais de reclamar cambios na política agraria común que virou nun elemento negativo para a agricultura e gandaría galegas.
  comenta   0
Perden as alcaldías de Monterroso e A Pastoriza, Mugardos, Cariño, Cabanas e Ortigueira ao non chegar a acordos os seus candidatos.
Beatriz Estévez Fontenla é a cabeza de lista do Partido Galego en Santiago para as eleccións municipais do 28 de maio. Avogada, aínda que agora exerce a docencia no centro superior de hostelería de Galicia, como di ela mesma "deu un paso para adiante" e decidiu presentar unha candidatura para recuperar a confianza das persoas na institución municipal compostelá...
  comenta   0
Hai case dous anos nacía en Melide, no centro de Galicia como dixeron daquela, o Partido Galego. Un número importante dos seus cadros saíran de Compromiso por Galicia ante a "deriva socialdemócrata" do partido. Xosé Mosquera, presidente da nova formación reivindica os principios do Partido Galeguista para un partido "aberto". Nestes momentos están inmersos tanto na formación de agrupacións como en conversas con outras formacións políticas, sobre todo locais, para a creación de listas de cara as eleccións locais de 2023.
  comenta   1
Propón tamén, entre outras medidas contra os incendios, compensar fiscalmente ás persoas propietarias de plantacións autóctonas.
  comenta   1
A formación escolleu no seu último consello o ribeirense Moisés Domínguez Rodríguez como Coordinador da Área de Mocidade.
  comenta   0
Néstor Rego pon en valor as explotacións gandeiras extensivas en Galicia como unha ferramenta "contra o despoboamento" e a conservación dos ecosistemas.
  comenta   0
Acredito que todas as persoas somos cidadás do mundo. Mais, como xa escrebín hai anos nestas páxinas, o patriotismo non bate co universalismo, Para sermos persoas precisamos raíces e para pensarmos globalmente precisamos actuar localmente. Somos europeos e cidadáns e cidadás do mundo por sermos galegos.
  comenta   0
Cando esta fenecendo o ano vinte, cecais por que así o ve un grupo de xente que sinte e ama esta terra con moita forza, sae á luz unha nova foramción política. E faino no seu centro xeográfico. Ou sexa na vila de Melide.
  comenta   0