Rueda aclara que "se se pode facer, farase, e se non, non" xa que a decisión dependerá dos "técnicos". En todo caso critica a "demagoxia" de partidos políticos e colectivos ambientais que se opoñen ao proxecto sen coñecelo.
  comenta   0
A delegación do Colexio oficial de Xeólogos (ICOG) en Galicia presentou un compendio de 23 medidas dirixidas aos partidos políticos galegos para un desenvolvemento sustentable na comunidade a través da xeoloxía.
  comenta   0
A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) presentou este luns un documento con 79 propostas englobadas en 10 grandes demandas e catro principios de actuación para propor aos partidos políticos, de face ás eleccións do 18 de febreiro e a nova lexislatura, accións que permitan "seguir xerando un escudo de protección" contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.
  comenta   0
Cada mesa electoral esta composta por un presidente e dous vogais, pero neses sorteos non só se elixen tres persoas por mesa, senón nove, xa que tamén se designan dous suplentes por posto.
  comenta   0
Ademais, especifícase o cálculo dos distintos límites de gastos das campañas electorais e das posibles infraccións e sancións en que poderían incorrer os partidos políticos pola súa superación.
  comenta   0
Rueda destaca que as protestas "son necesarias" e Pontón que "demostran que o feminismo non é unha moda".
  comenta   0
Tamén censura que os partidos políticos acordaron a posta en marcha de numerosas medidas e actuacións para garantir unha atención adecuada nos centros sociosanitarios, "pero, a data de hoxe, máis de dous anos despois, non se fixo practicamente nada".
  comenta   0
"O franquismo foi un réxime autoritario e antidemocrático que violou os dereitos humanos e cometeu atrocidades. Por tanto, considerar o franquismo como parte da historia de España e non condenalo é incompatible cos principios democráticos", responde este chatbot de Intelixencia Articial..
O Goberno elevou a 459,01 millóns o diñeiro previsto nos próximos Orzamentos Xerais para subvencións a partidos políticos e á organización dos procesos electorais
  comenta   0
A dimisión de Mónica Oltra de todos os cargos institucionais que ostentaba, ten a súa orixe na investigación decretada polo Tribunal Superior da Comunidade Valenciana por mor duns feitos graves acaecidos nun centro dependente da consellería que dirixía a política de Compromís. Mais alá do desenvolvemento futuro que experimente o procedemento xudicial, esta dimisión pode merecer unha reflexión sobre o comportamento dos partidos políticos durante os últimos anos.
  comenta   0
Máis aló da prevención da corrupción, o programa de fiscalizacións de Contas recolle actuacións habituais relativas á Conta Xeral da Xunta e control de fondos da UE.
  comenta   0
Foi acusado de xeito anónimo nas redes de abusos e violación. PSdeG, Compostela Aberta e BNG, opóñense a actuación deste rapeiro en Santiago. Tamén todos os grupos do Concello de Mos.
  comenta   0
O Tribunal vén observando unha falta de proporcionalidade entre o importe da infracción cometida e a sanción finalmente imposta en aplicación do réxime sancionador vixente, unha desproporción que é "especialmente grave "no caso de pequenas formacións políticas.
  comenta   0
O modelo de tratamento da compañía público-privada recibiu críticas de asociacións ecoloxistas e partidos políticos.
  comenta   0
O acto, que segue aberto a novos participantes, contará coas fillas do escritor, cargos da Xunta, do Concello de Santiago e de distintos partidos políticos.
  comenta   0
O Sindicato de Enfermaría acusa "falta de vontade e interese" na demora para aprobar a Lei de Seguridade do Paciente, que acumula xa nove meses de retraso e 20 prórrogas.
  comenta   0
Chega o 25 e con el a celebración do Día da Patria Galega, Día Nacional de Galicia ou Día de Galicia, que coas tres denominacións son convocadas concentracións para festexaren unha data moi significativa no calendario sentimental dos galegos e galegas. Galicia enteira acudirá aos chamamentos que fan partidos políticos e sindicatos. En todos eles apelarase á galeguidade con cadanseu matiz. Mais o que nos debe preocupar é que todos os discursos que se pronunciarán teñen algo en común: a retórica da abstración, máis ou menos cargada de bombo.Galicia non pode ser unha abstración. É unha Terra que se ve, que se ole,que se apalpa… dixo Vicente Risco. O Foro E. Peinador hai ben anos que ben dirixíndose aos cúmios das organizacións convocantes para que concreten a idea de Galicia que lles queren transmitir ás súas hostes. Nese intento non tivo nunca éxito. O pedimento que se lles fixo caeu en saco roto. Débelles parecer unha nimieza ou impertinencia dirixírse aos seus seguidores instándoos a escolleren preferentemente produtos galegos no seu consumo cotiá. O razoamento de tal solicitude está debidamente xustificado: as industrias agroalimentaria precisan de consumidores que as fagan viables e non sucumban ante a voraz competencia de produtos foráneos que atopan nas grandes superficies e supermercados todas as facilidades para a comercializan dos seus produtos que se lles negan aos nosos. Hanse referir os que pronuncian os discursos conmemorativas, como é costume neles, a nosa condición de nacionalidade que sofre as políticas marxinadoras do Estado. Non seremos nós os que neguemos que así é. Pero reprochámoslles aos concelebrantes a perversa disociación das características que definen a nacionalidade. Castelao, a quen se citará en todos os actos, enumerou as características de Galicia: idioma, territorio e vida económica propia, amais dos hábitos sicolóxicos refletidos nunha comunidade de cultura. Características indisociables. Mais o certo é que cadaquén, esgazando a unidade que conforman todas, adoitan facer fincapé nun ou noutro aspecto segundo lles conveña ao seu credo político. O máis que poden facer é utilizar os catro conceptos para arrebolarllelos aos contricantes criticándolles as súas políticas. Ninguén apela á galeguización da economía, por exemplo. O Foro E.Peinador na misiva que lles enviou ás organizacións políticas e sindicais dílles que “a economía debe ser galeguizada, nomeadamente no ámbito agroalimentario. As explotación agrícolas e industrias de transformación do sector precisan do apoio dos consumidores para sobreviren e producir fixación de poboación no rural. Por idénticas circunstancias de dificultades pasa o noso idioma, que non acaba de ter a presenza que debera ter nos ámbitos sociais e económicos. Os nosos produtos e lingua galega porecisan do apoio dos consumidores para afortalaren es alianza estratéxica que define a Galicia como nacionalidade”. As organización receptoras do chamamento deberían practicar unha política pedagóxica de rente o chan, chamándolle ao pan pan e o viño viño; é dicir, “consideramos oportuno que desde as tribunas dos oradores se lles demande ao asistentes, de maneira expresa, clara e contundente, que nas compras cotiás elixan produtos etiquetados en galego. Porque deste xeito os consumidores terán a oportunidade de manifestaren un galeguismo verdadeiramente transformador”. De non mudaren o discurso, o demais é falar por falar. Hai que superar a diglosia no consumo. E un derradeiro prego, agora dirixido aos militantes máis conscientes desas formacións sindicais e políticas: demándenlles aos seus dirixentes que nas convocatorias do próximo día 25 se pronuncien sobre este asunto tan decisivo para nós coma pobo. A unidade fai a forza. Ramón Cabanillas, o noso poeta máis reivindicativo expresouno poeticamente nestes versos: “ Galicia, Nai e Señora, sempre garimosa e forte: preto e lonxe; onte, agora, mañá...na vida e na morte!
  comenta   0
A "cociña" da enquisa publicada esta pasada fin de semana por Sondaxe --empresa demoscópica do Grupo Voz-- causou sorpresa en varios partidos políticos. Un estudo demoscópico que chega, ademais, cando as principais forzas políticas xa se preparan para a renovación dos seus órganos internos e as municipais de 2023
  comenta   6
Fala Ceibe pide aos partidos políticos que cumpran a Proposición non de Lei sobre a realidade plurilingüe e igualdade lingüística aprobada no Congreso.
A Xunta pedira utilizar os xardíns para un evento que diversas entidades e partidos políticos rexeitan por considerar que "branquea" o que significa Meirás.
  comenta   0
O día 14 de febreiro, os habitantes de Cataluña fan efectivo o seu dereito a voto. En plena pandemia e vaga de contaxios son obrigados a votar polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña. Poden iso si escoller nun amplo abano de partidos políticos. Cómpre lembrar que esta convocatoria foi efectiva pola inhabilitación do Presidente Torra por uns lazos amarelos, spain is diferent.
  comenta   0
Hoje não está aceite impor a censura governamental dos mídia, que na Espanha foi um recurso frequente incluso em tempos da República de 1931, nem se pode acudir ao auxílio da mensagem cristã, sempre disposta a colaborar com o poder, para difundir a «verdade» oficial que deve ser propalada para que seja assumida polas mentes da cidadania, mas não por isso a «veritas hispana» da indissolúvel unidade da nação espanhola, entendida como soberania única e indissolúvel, carece de valedores menos potentes e abundantes recursos: os meios de comunicação tradicionais: rádios, televisões, jornais impressos, a grande maioria dos jornais digitais, os partidos políticos da transição, junto com Vox, e um tropel de jornalistas que se encarregam de instruir a cidadania sobre a verdade que deve imperar em cada caso.
  comenta   0
Por prestixio e solvencia da nosa democracia, os partidos políticos deben desistir de empregar prácticas que aínda estando "revestidas de encaixe legal" subverten e estigmatizan o principio da separación de poderes, como está a suceder co controvertido proceso de elección do Consello Xeral do Poder Xudicial.
  comenta   2
Membros da rama galega do partido piden a Madrid que arrinque o proceso para renovar a cúpula galega e depoñer ó actual xestor.
  comenta   1
Um pergunta-se que tem que passar num país para que se ponha couto aos desmandos duma monarquia corrupta desde o mesmo início do reinado do rei emérito e com uns índices de popularidade baixíssimos? Por que os partidos políticos do 155 querem ter atenazada à cidadania negando-lhe o direito a pronunciar-se sobre a chefia do Estado para que decidam se querem ou não estar regidos por uma família à que a Espanha atual lhe deve a sua decadência histórica e que já foi despedida por duas vezes polo povo espanhol?
  comenta   0
A asociación polo galego incide en que o uso da lingua por parte dos representantes dos partidos políticos ten repercusión directa na nosa comunidade.
  comenta   3
É a denuncia que fai a Rede Galega por un Rural Vivo que lle pide aos partidos políticos que o teñan en conta para as eleccións.
  comenta   0
Piden imitar o modelo do Frente Popular dos anos 30 entre entidades e partidos políticos da esquerda e do independentismo para parar á ultradereita.
  comenta   5
Anunciouno Carmen Pomar no Parlamento galego tras as presións exercidas nos últimos días por opositores, partidos políticos e sindicatos.
  comenta   0
Coa crise do coronavirus, nos concellos prolifera a solidariedade e apoio mutuo entre as persoas para tarefas tan básicas como a compra. Tamén entre os políticos. A vida faise máis levadeira.
Galicia en Común e CC.OO. pídenlle ao goberno galego que rectifique e que distribúa entre o persoal sanitario que o precisa as máscaras que a Xunta ten en almacéns.
  comenta   0
Seguirán denunciando a "irresponsabilidade" de partidos políticos que con "os discursos ambiguos e mesmo negacionistas están a dar ás a que se produzan retrocesos en debates xa superados como sociedade" asegurou María Jesús Montero.
  comenta   0
A pandemia de totalitarismo que acompaña os manexos de funcionamento interno dos partidos políticos, na súa inoculación, fai irrespirábel o corrompido ambiente que tales prácticas inducen na contorna da liberdade de expresión.
  comenta   0
Despois da celebración dunhas eleccións, os partidos políticos -actores principais desas citas e cuxa lexitimación deriva da súa función de vehiculizar as distintas ideas existentes no seo do corpo social- deberían proceder a unha análise pública dos acertos e dos erros cometidos na súa andaina previa. A realidade, poren, demostra que non se cumpre esta premisa.
  comenta   0
Di que preferiría un pacto co PP e defende que Casado "está á altura"."ERC non só condiciona, faino de forma pública e notoria para que se note a humillación", denuncia o presidente galego
  comenta   2
Na actualidade é o que vende. Denunciar, difamar, e logo levar ós xulgados o asunto, sen ter acusacións concretas. Claro, previa noticia pública pra que os medios lle dean luz e, a poder ser, con grandes e chamativos titulares. Iste foi o mantra que se impuxo durante anos nalgúns partidos políticos moi personalistas. Cultivar a denuncia xudicial baixo a premisa de que, sempre algo queda, pois o denunciado terá que demostrar a súa honorabilidade, e non quen acusa só con indicios e sen as probas contundentes. Polo que o acusado, diante esta maneira de actuar, sempre sairá perdendo.
  comenta   0
A asesoría política está vista como un elemento crucial dentro das campañas políticas. Mais non acaba aí o seu papel. Hai casos que as persoas deses equipos poden ser nomeadas persoal de confianza para algunhas áreas específicas cando o partido para o que traballaron pode formar goberno. Ás veces estas figuras poden ter na súa man solucións efectivas ou os erros máis ruidosos.
  comenta   1