O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín pon sobre a mesa que a idea de que o CO2 podía influír sobre o clima e a temperatura non é nada novo, senón que foi plantexada xa polo científico sueco Arrhenius, a finais do século XIX e comezos do XX. A Margaret Thatcher, a primeira ministra británica conservadora, víñalle ben retomar esa hipótese no seu afán por independizarse dos Países Árabes e do petróleo que estes lle proporcionaban, fomentando a enerxía nuclear.
  comenta   0
Por destino económico dos bens, o sector industrial con maior influencia negativa na evolución da taxa anual do índice xeral foi o de enerxía, que caeu un 16,8 %, 10,6 puntos por baixo da de agosto, debido ao descenso dos prezos da produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica, do refino de petróleo e, en menor medida, da produción de gas, e a distribución por tubaxe de combustibles gaseosos, fronte ao incremento no mesmo mes de 2023, segundo os datos que publica este venres o INE.
  comenta   0
Neón perdera a cobertura en varias ocasións durante a súa viaxe, iniciada fai dez días, polo que tampouco saltaron os sinais de alerta. Afortunadamente, non houbo que lamentar males maiores xa que na madrugada deste domingo volveu ter cobertura e informar da súa posición.
  comenta   0
Polo momento non se trata dun suceso preocupante, a falta de máis información, xa que o barco perdera a cobertura noutras ocasións durante a súa viaxe.
  comenta   0
Nos primeiros momentos do accidente do Prestige o Goberno central ordenou "mandar el barco al quinto pino", mentres se criticaba a actuación do capitán do barco e aos países propietarios do mesmo. No caso da crise dos granulados, a reacción das administracións foi semellante e actuaron case un mes despois.
  comenta   0