O proxecto, concebido como autovía en 2002 para vertebrar toda a Costa da Morte, quedou a medias. Unha parte é autovía de peaxe e, a outra, acabou en vía de alta capacidade de dous carriles e limitación a 90 quilómetros. Partidos políticos e entidades empresariais piden a súa conclusión ata Cee. Rueda di que "antes de expor novas infraestruturas viarias é necesario terminar as que xa existen".
  comenta   0
Se aínda cremos na obrigación de defender o mundo en que vivimos para deixarllo ás seguintes xeracións en condicións habitables, se o principio "o que contamina, paga" segue tendo algún valor, fagamos que estas leis fraudulentas desaparezan do mundo xurídico e saiban do carácter imprescriptible dos seus delitos e respondan coa totalidade dos seus bens e facendas (London P&I Club).
  comenta   0
Pontón chama a mobilizarse e, ao igual que Sumar, volve reivindicar o espírito de Nunca Máis. José Tomé mantén dúbidas sobre a viabilidade económica do proxecto.
  comenta   0
Xestionar ou pagar noticias, mercar espazos, facer informacións ao 'ditado' ou propaganda negra. Todo vale para crea falsos dilemas, desmoralizar a grupos contrarios, tratar á xente como parva e chamar máis ás emocións que a reflexións. Así é a estratexia de Greenfiber para instalar a súa megacelulosa Altri en Palas de Rei.
  comenta   2
Isto prodúcese despois de que o Tribunal de Apelación de Londres rexeitase o recurso exposto por España para que se executase en Inglaterra a sentenza española pola que se obrigaba á aseguradora a abonar a factura dos danos en base ao seguro
  comenta   0
Para quen vivimos -hai agora 22 anos- a catástrofe do Prestige resulta mais doado entender todo o acontecido arredor da traxedia destes últimos días nalgunhas comarcas do Pais Valenciá e noutros territorios limítrofes.
  comenta   0
O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
O Galicia Confidencial fala con Soledad Méndez, unha voluntaria nas tarefas de limpeza do chapapote que deixou a súa Extremadura natal para mudarse a Galicia e que lembra, apesadumbrada, como "foi a sociedade civil a través das mobilizacións a que empurrou aos políticos a tomar medidas e dar a cara". Asegura que o que está acontecendo a día de hoxe coa xestión da DANA en Valencia é algo que lle lembra moito a aquel mes de novembro de 2002 no que se tratou por todos os medios de minimizar a catástrofe do Prestige.
  comenta   0
"El problema derivado del hundimiento del Prestige no fue correctamente valorado ni en términos políticos y sociales, ni en términos económicos", apunta este documento que recomenda, entre outras cousas, controlar a información dos medios e "bajar a pié de obra, tratar in situ con los afectados".
  comenta   0
A negativa do PP a citalo nun órgano que se pediu en parte para que o ex presidente aborde os contratos coa empresa da súa irmán, pode rematar coa creación dunha "comisión alternativa". Rueda di que non quere chamalo para non "facer oposición" a nivel estatal.
  comenta   4
As imaxes dos reis e do presidente español ocultos en paraugas e rodeados de policías lembran, e moito, o acontecido en Galicia hai 22 anos cando os mariñeiros denunciaban falta de medios ante a marea negra do Prestige que impactara de cheo nas costas de Galicia. Entón non había ningún elemento da ultradereita nas protestas espontáneas. Eran profesionais do sector bateeiro impotentes ante a gran marea negra.
  comenta   1