O director da planta alerta de que o acceso a enerxía barata é unha "prioridade" e Rueda reafirma o apoio da Xunta ao sector.
En canto ao prazo de pago da Administración Central, no terceiro mes do ano foi de 22,7 días, 0,77 días menos. E o das corporacións locais do primeiro trimestre supuxo 30,32 días, 8,42 días menos que o mesmo trimestre do ano anterior. A Coruña fíxoo en 32,28.
  comenta   0
Esta fianza imponse ante o "risco de que co transcurso do tempo os encartados fagan desaparecer totalmente o seu patrimonio", despois de que a investigación levada a cabo polo Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela revelase indicios sólidos de "criminalidade" e dunha presunta operación de "insolvencia punible" vinculada aos antigos dirixentes do histórico xornal El Correo Gallego e un entramado de sociedades anónimas que pivotaban ao seu redor.
  comenta   0
"Estamos a mercé do que pase pola cabeza de Trump", advirte o presidente da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), que resalta que o xiro proteccionista que está a propoñer Estados Unidos "non é bo para ninguén".
  comenta   0
As comunidades autónomas españolas empezaron o ano 2025 cun Período Medio de Pago a Provedores (PMP) de 27,96 días.
  comenta   0
Prevé investir máis de 230 millóns ata 2027 pero adoptará "medidas concretas" en función do que faga Trump. O plan contempla toda unha serie de medidas centradas no camiño cara unha mobilidade máis sustentable e na transición ao vehículo eléctrico.
  comenta   0
De media, en torno ao 47 % de prescricións realízanse por principio activo, pero en máis do 28 % de casos esas prescricións por principio activo trasládanse á dispensación dun medicamento de marca.
  comenta   0
A multinacional galega, que exporta por 28 millóns a EE.UU., avisa de que o país norteamericano "non é autosuficiente" e será "imposible" que se manteña sen provedores a longo prazo. Rueda amosa a súa "inquietude" ante o anuncio do magnate estadonidense.
  comenta   0
Murcia, Baleares e a Comunidade Valenciana foron as tres comunidades autónomas cun maior Período Medio de Pago a Provedores (PMP) durante novembro de 2024, por enriba dos 40 días. A media de todas as comunidades foi de 31,71 días.
  comenta   0
A Comisión Europea confirmou este luns que arrincará un diálogo estratéxico sobre a industria do automóbil o próximo 30 de xaneiro co obxectivo de solicitar as opinións das principais compañías, interlocutores sociais e outras partes afectadas para guiar as futuras políticas comunitarias en relación ao sector.
  comenta   0
Traballa con máis de 3.000 provedores, abona 214 millóns en impostos e conta con 4.193 empregados na comunidade.
  comenta   0
O cartón emitirase nun prazo máximo de 60 días e deberá ser recoñecido en toda a Unión Europea como título para acceder ás condicións especiais de que gocen xa os nacionais do lugar de destino, nos servizos públicos e privados como no transporte, eventos culturais, museos, centros deportivos ou parques de atraccións.
  comenta   0
O secretario nacional de CIG Industria, Xoán Xosé Bouzas, sinalou que son "intolerables" os anuncios das empresas e das distintas administracións sobre o sector, mentres se produce "unha baixada na fabricación do vehículo eléctrico, ao que fiaron o futuro da automoción".
Encargarase da revisión e o seguimento da confección de nóminas dos traballadores do servizo por parte da empresa adxudicataria do servizo intervido.
A utilización de VPN's é cada vez máis habitual, por tanto, merece a pena coñecer as súas vantaxes.
  comenta   0
A conselleira de Economía solicita ao vicepresidente de Compras de Stellantis en Europa, Yann Martin, que se teña en conta aos provedores galegos en futuras contratacións.
  comenta   0
A multinacional norteamericana insiste en que o resultado da venda "é incerto" mentres continúa coa avaliación de ofertas.
Socialistas e nacionalistas coinciden en que a situación é "moi preocupante" e pon en risco que os traballadores municipais e empresas poidan cobrar.
  comenta   0