O PP tomba mocións de BNG e PSdeG que pedían un plan de saneamento das rías galegas e revisar a estratexia de economía circular.
  comenta   0
A Xunta defendeu a calidade das augas das rías galegas e dos seus bancos marisqueiros, onde a Administración autonómica apoiou a repoboación de ameixa entre 2010 e 2021 con 200 millóns de unidades de semente nunha superficie de máis de 15 millóns de metros cadrados.
  comenta   0
Introducida na década de 1980 e explotada comercialmente nas Rías Altas, a ostra do Pacífico podería espallarse cara ao sur e ocupar a totalidade das Rías Baixas polo quecemento do mar, causando impactos ambientais e económicos, alertan científicos.
  comenta   0
As investigadoras poñen o foco nos "repetidos eventos" nos que peixes e moluscos morreron masiva e repentinamente nas rías galegas. "A única explicación posible é a baixada drástica da salinidade debido á apertura dos encoros", indican.
  comenta   0
A directora de Augas de Galicia subliña que o incremento de verteduras rexistradas ten que ver co bo facer do órgano: "Que aumente non é máis que seguimos facendo o noso traballo".
  comenta   0
O viceportavoz do PSdeG no Parlamento galego, Pablo Arangüena, recolle as cifras de Augas de Galicia e asegura que a situación empeorou en 2020, a pesar da paralización de actividades económicas pola pandemia.
  comenta   0
Ana Pontón sinalou que estes fondos non poden vincularse a recortes sociais senón utilizarse para "impulsar cambios produtivos".
  comenta   0
Os mariscadores denuncian os baixos prezos que cobran en comparación cos prezos no mercado, que mesmo poden dobrar ou triplicar o que reciben. Os biólogos mariños coinciden con eles nas críticas sobre a depuración das augas, que se está a facer lentamente e sen garantías de eficacia. Ademais, as obras portuarias están danando de maneira irreversible o ecosistema natural das especies marisqueiras.
  comenta   0