Por Galicia Confidencial | Fene | 31/01/2024 | Actualizada ás 11:45
As rías galegas, protagonistas do desenvolvemento económico, social e cultural da Galicia costeira, serán o fío condutor do programa especial en directo que Radiofusión emitirá o xoves un de febreiro. Será nun programa que se realizará en directo de dez da mañá a unha do mediodía desde o local da Asociación Veciñal de Limodre en Fene, contando coa participación activa do Colexio Os Casais de Maniños.
Segundo apunta Radiofusión nun comunicado, o programa prestará especial atención ao saneamento e a calidade das augas das nosas rías. E neste sentido, haberá tempo para abordar a crise da chegada dos péllets ás nosas praias coa presenza do catedrático Xosé Lois Otero, pertencente ao Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador das Estacións Biolóxicas da USC.
O programa poderáse seguir a través de Radio Fene, no 107.7 da Frecuencia Modulada e na web radiofusion.gal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.