As provincias máis afectadas foron a de Pontevedra (60) e a da Coruña (59). A continuación situar a de Lugo con 25 intervencións e a de Ourense (12). Desta forma, os concellos que máis casos rexistraron foron o de Vigo (13), Santiago (12), Ponteareas (7), A Estrada (6) e Carballedo, Lugo e Outes, con catro.
  comenta   0
O profesor da USC Antonio Doval Adán, asegura que "a verdadeira cuestión é se hai interese en revitalizar eses concellos que se están despoboando ou non, ou se o que verdadeiramente interesa aos gobernos é que a maior parte da poboación galega se desprace ao medio urbano". Plantexa a posibilidade dunha reorganización territorial na que os concellos en peor situación se engloben en comarcas.
  comenta   1
Segundo subliñou a concelleira de Urbanismo, María José Caride, "a única responsable" de que non poida desenvolverse Navia "é a Xunta", xa que "non hai nin un só trámite pendente do Concello.
Ao Estado pídenlle a exención de cotas da Seguridade Social para todos os mariscadores. Á Xunta demándanlle axudas directas a todos os mariscadores compatibles coa rexeneración e axudas a toda a cadea do sector do mexillón polas perdas de 2022 e 2023, entre outras cousas.
  comenta   0
"A falta de saneamento das augas fecais pola inexistencia dunha estación depuradora adecuada é a causa de repetidas mortaldades de peixes que aparecen mortos, de cando en vez, na praia de Sabón, onde desemboca a cloaca", denunciou a organización ecoloxista Arco Iris ante Augas de Galicia.
"En canto estean os movementos de conselleiros e conselleiras que teñan distintas competencias, poder facer esa reunión para ver cal é a solución global que se lle dá a toda a mobilidade na contorna do Clínico, con esa posibilidade de facer alí non só un aparcadoiro, senón mellorar os accesos e facer unha solución global", argumentou Sanmartín.
  comenta   0
Vivía nunha habitación dentro deste inmoble que se alquilaba por habitacións coa súa parella. O home residiu alí ata setembro, mentres que a ela perdéuselle a pista meses antes.
Critica as negociacións coa Xunta para habilitar o novo aparcadoiro do CHUS. Pola outra banda, Muíños (PSdeG) propón unha reunión entre os grupos municipais e lamenta a "falta de transparencia" dos gobernos local e autonómico
  comenta   0
Nas últimas horas, nun acto de precampaña electoral, a presidenta do PP de Vigo e varios candidatos visitaban a zona e de novo denunciaban o bloqueo por parte do goberno municipal, que impide o investimento de case 30 millóns de euros (entre os que están os 15 millóns que achegaría a Fundación Amancio Ortega para a construción dunha residencia de maiores).
Os convocantes da manifestación en defensa do mar que tivo lugar en Santiago o 21 de xaneiro fan un chamamento á unidade do sector para reivindicar "entre todos" un plan de actuación que garanta "a curto e longo prazo" o desempeño da actividade mariñeira e marisqueira na ría galegas.
  comenta   0
Demanda que a Xunta saia da "parálise na que está e tome medidas" para frear a perda de produtividade que veñen detectando nas rías galegas, especialmente no referido a bivalvos.
  comenta   0
Segundo Vázquez, o organismo estatal "obstaculiza" cos seus informes a execución de infraestruturas hidráulicas en dominio público-terrestre que, di, pon en risco a captación "do 40 % de fondos europeos" para estas actuacións.
  comenta   0
O prazo de execución estímase en seis meses e o importe total suporá un investimento de 1.370.000 euros, incluída a redacción de proxecto e a asistencia técnica de Seguridade e Saúde.
  comenta   0
Sostén que o citado dragado "incumpre os criterios de rexeneración biolóxica ao sementar só dúas especies das catro que corresponden a este espazo, como son a ameixa babosa, a ameixa xapónica, a ameixa fina e berberecho".
A estratexia EDUSI do Concello de Santiago realizou unha importante obra de renovación na rúa Batalla de Clavijo. Máis alá das melloras externas, dende o Concello celebran o impacto do proxecto na revitalización deste barrio
  comenta   0
A UCI neonatal pontevedresa conseguiu colaborar coa Axenda 2030 da ONU na consecución dos seguintes obxectivos de desenrolo sustentable: saúde e benestar, educación de calidade, auga limpa e saneamento, enerxía alcanzable e non contaminante e produción e consumo responsables.
  comenta   0
A Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto.
Os inspectores autonómicos localizaron deficiencias nun entroncamento de augas residuais á rede municipal de saneamento que, segundo a Xunta, orixinaba achegues irregulares.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por máis de 1,5 millóns os traballos de desenvolvemento da actualización do censo de industrias con autorización de verteduras e realización de auditorías nas redes de saneamento e en depuradoras.
  comenta   0
Dende o equipo de Goberno do concello critican que "os cartos quen os da é a Xunta, non o PP, porque é diñeiro público", polo que reivindican que esta actitude partidista remate xa.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, remarcou que "hai que aproveitar as infraestruturas existentes" para realizar unha mellor depuración e saneamento.
  comenta   0
"Está aberta a posibilidade de que o problema estea na propia rede de abastecemento e saneamento e non nunha contaminación do río", di a conselleira Ethel Vázquez.
  comenta   0