O sector turístico rexistrou 2,5 millóns de visitantes e un aumento do 3,8% respecto a 2024, impulsado polo crecemento do turismo internacional.
  comenta   0
As autorizacións concedidas a estranxeiros na comunidade acadaron as 7.334 en 2023, o número máis alto desde que hai rexistros, consolidando seis anos consecutivos de crecemento.
  comenta   0
O espazo 'Terras do Queixo' contará esta fin de semana con máis de 80 postos sendo a pregoeira a recoñecida chef galega Lucía Freitas, embaixadora da nosa gastronomía que ademais conta cunha Estrela Michelín. No apartado de concertos, un gran cartel para a noite do sábado e do domingo con nomes como Xoel López, Mondra, The Rapants, Os Melidaos e Xisco Feijoó.
  comenta   0
A pensión media de xubilación, que perciben máis de dous terzos do total de pensionistas, sitúase en 1.449,9 euros mensuais
  comenta   0
A do 2023 é obra da artesá Marián García e a do 2024 foi creada por un equipo de científicos dun laboratorio dos Países Baixos, entre os que se atopa o compostelán Adrián Seijas.
  comenta   0
Datos espectaculares de asistencia, aínda sen contar cos últimos días de festival, e superando as marcas dos anos de pre-pandemia que foron os de máximos históricos da MIT, en 2018 e 2019. Prevese unha recadación histórica de arredor de 40.000 €.
  comenta   0
O 'Festival do Viño da Ribeira Sacra' celebrouse a pasada fin de semana no Paseo do Malecón de Monforte. Estímase que visitaron o recinto unhas 20.000 persoas e vendéronse 12.000 tíckets, datos en aumento respecto doutras edicións. A presenza de adegas no certame tamén foi de récord, con 34.
Xornadas de récord de asistencia aos campos, tanto para certificar o ascenso do equipo femininio á Primeira División como a vitoria do equipo masculino que está a un paso de ascender a Segunda División.
A Aemet destaca que en boa parte de España rexistráronse temperaturas máximas que se situaron entre o 5 por cento das máis cálidas rexistradas nestas datas. Ademais, sinala que en zonas do terzo norte tratáronse de valores propios do verán.
  comenta   0