Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 21/12/2024 | Actualizada ás 20:35
Se cada ano as cidades españolas rivalizan con Vigo por facerse coa árbore de Nadal máis grande de España (ou do mundo, nalgúns casos), en Vilagarcía de Arousa deixan esa loita para outros, pois xa contan coa sorte de ter outra marca 'guinness': a árbore de Nadal máis pequena do mundo. E non só a deste ano 2024, senón tamén a do pasado 2023. Só hai que achegarse ata o centro do que dispón a Asociación Cultural Breogán, no barrio do Piñeiriño, para observalas xunta nun mesmo escaparate. A do ano pasado ten 2 centímetros de altura e 3 luces LED, polo que, aínda sendo practicamente do tamaño dunha moeda de euro, pódese ver a simple vista. Pola contra, a deste ano xa se amosa baixo un microscopio, pois non hai maneira de poder ver unha peza que non chega aos 10 micrómetros, o equivalente a dez veces menos que o tamaño dun cabelo humano.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Dous detidos acusados de provocar 17 incendios forestais este verán en Vilalba
- Presunto matricidio en Vilagarcía: un mozo investigado por matar á súa nai e precipitarse dun terceiro piso
- O plan de redución da burocracia permitirá aforrar máis de 120.000 horas de traballo administrativo por curso
- Técnicos da Xunta concentraranse o día 10 para reclamar que os de maior antigüidade manteñan as súas prazas
- Prisión provisional e sen fianza para o home detido por asasinar a unha traballadora do SAF no Porriño
- Cancelación do 'Arte de Man' de Allariz