José Manuel Jerez Aragonés, experto en minaría de datos participante no VI Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión celebrado en Vigo asegura que "o cambio está a ser tan rápido que plantexa profundos dilemas éticos". Dende Galicia Confidencial falamos con el para profundar nestes dilemas.
  comenta   0
A intelixencia artificial na medicina está demostrado que ten unha baixa porcentaxe de erro, aínda que teña que ser supervisado o resultado por parte dun profesional médico, por iso, a investigadora do CiTIUS María José Carreira Nouche afirma que "con dispositivos de intelixencia artificial os pacientes crónicos, se aprendesen a usalos, poderían mellorar a súa saúde", para que os médicos "puidesen atender con máis tempo de calidade aos pacientes con patoloxías máis complexas".
  comenta   0
Pablo Gamallo, investigador do CiTIUS e lingüista, asegura que Chat GPT "supuxo un antes e un despois para o desenvolvemente de todos os proxectos vinculados á intelixencia artificial". En cinco días chegou ao millón de usuarios. O Proxecto Nós pretende lograr que o galego non se quede á cola das linguas e non se vexa en risco de desaparecer polo auxe desta intelixencia artificial que só fala en idiomas maioritarios.
  comenta   0
Este sistema instálase na cinta de criado e obtén fotografías dos produtos capturados para identificar as especies, así como o tamaño e o peso de cada exemplar.
  comenta   0
Existe a idea de que a exposición dos máis novos a todos os estimulos da Internet pode afectar ao seu desenvolvemento intelectual e neurolóxico. Os educadores son prudentes cando falan deste tema, mais si son testemuñas de cambios actitudinais cara ao ensino dentro dos máis novos. Unha maior interacción entre profesores, pais e alumnos podería ser un avance para evitar efectos secundarios da Internet nos mozos e mozas.
  comenta   2