O barco mercante 'Albiz', que levaba troncos de eucalipto, quedou varado na mañá deste xoves nunha lingua de area das augas portuarias de Ribadeo. O capitán do barco contratou os servizos de dous remolcadores de Sertosa situados no porto de San Cibrao, no municipio de Cervo, para axudalo a saír do seu varamento.
O caso do pesqueiro burelés 'Nuevo San Juan' que ardeu en augas do Gran Sol o 2 de xullo abre o interrogante de quen ou que estamentos se fan cargo dun accidente así en alta mar. No caso dos estados, só interveñen en ocasións moi contadas e o resto de accidentes son responsabilidade das aseguradoras especializadas.
  comenta   0