O concello do Porriño acollerá a 40 migrantes, pero Sanxenxo recibirá menos de 100 dos 350 inicialmente previstos. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, criticou que a Xunta e "algúns alcaldes" non mostrasen "ningunha solidariedade" nas últimas semanas. O Goberno galego insiste na "falta de respecto institucional".