A CIG anunciou unha folga xeral na educación galega para o vindeiro martes 24 de outubro, co obxectivo de mostrar o seu rexeitamento ao acordo de baixada de cocientes e de horarios, que consideran "insuficiente" e unha "chantaxe" por parte da Xunta. O resto de sindicatos non comparten a estratexia.