A empresa Unisono acaba de rescindir contratos a 191 traballadores e traballadoras contratados por ETT. O persoal propio denunciou medidas de seguridade e hixiene moi deficientes mentres existen sospeitas entre os empregados e empregadas de que a empresa ocultou posibles positivos antes do estado de alerta.
A empresa ameaza con despidos aos traballadores se se ausentan do seu posto de traballo. O comité pide o peche inmediato pero a inspección de traballo segue sen aparecer.
A empresa di que o operario xa levaba días de baixa e anuncia que procederá a limpar todas as instalacións pero sen pechar a sede. Traballadores e sindicatos indignados tras denunciar hai días que isto podía pasar.