Por agora, das tres universidades públicas galegas só a de Santiago de Compostela oferta esta titulación aínda que había desde 2015 un acordo que recollía a descentralización da docencia clínica nos cursos de cuarto, quinto e sexto.
Na propia web da Universidade Intercontinental da Empresa figura que un grao en Psicoloxía ten unha matrícula de 10.500 euros anuais, polo que o seu custo total roldaría os 42.000 euros. "Só quen ten posibilidades económicas poderá acceder a esa universidade", sinalou o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello.
  comenta   0
O Ministerio de Educación sostén que a comisión delegada do Consello Xeral de Política Universitaria (CGPU) emitiu en marzo do pasado ano un "informe desfavorable" sobre a nova universidade privada que Cesuga planea na Coruña, aínda que a Xunta tería a potestade lexislativa de decidir se vai ou non para diante.
O BNG denunciou que a autorización do grao de Psicoloxía á Universidade Intercontinental da Empresa incumpre a Lei do Sistema Universitario de Galicia do ano 2013.
  comenta   0