"Contei a miña versión, a parte que non se viu no vídeo. O vídeo é un minuto pero os feitos foron máis de media hora antes do vídeo", subliñou Samir Slim, mostrándose "tranquilo" e dando de novo as grazas a todos aqueles que o arrouparon con berros de 'Palestina libre' e 'Palestina vencerá'.
Foi el mesmo quen gravou un vídeo no que se ve como expulsa a un grupo que estaba a tomar algo na súa terraza, mentres lles afea que apoien a acción do seu goberno en Gaza. "Se matades palestinos, ide comer a Gaza", recriminoulles.
Para consolidar o protocolo “Allariz Pobo Seguro”, dez persoas representantes da realidade social de Allariz protagonizan un traballo audiovisual no que dan a coñecer, punto por punto, un decálogo de medidas para a prevención e atención das diferentes violencias sexistas en espazos festivos.
  comenta   0
A intervención na igrexa, que conta cun financiamento da Xunta de Galicia de case 450.000 euros, está enfocada na renovación da cuberta e a sancristía
Acada xa os 20.000 seguidores na súa canle de Tik Tok, onde o vídeo máis viral foi no que tocaba a canción de ritmo latino 'Dime si le comento a la pura' coa pandeireta. Hoxe o GC descúbreche a esta rapaza que ten moito arte!
  comenta   0
Os feitos ocorreron o pasado 11 de xullo e, segundo explica a Benemérita, este adiantamento foi efectuado nun lugar prohibido e con risco para os demais usuarios da vía, debido á proximidade dunha curva sen visibilidade.
  comenta   0
No seu post, acompaña a mensaxe dun vídeo que inclúe imaxes de diversos momentos do seu mandato: entre eles o das palabras que, no mesmo sentido de camiñar 'acompañado', pronunciou no seu último debate de investidura.
  comenta   0
A plataforma Queremos Galego organiza a mobilización, que será ás 12h de maio en Compostela, e difunde un vídeo animando á cidadanía a participar.
Nun comunicado, Comunidade Saharauí en Galiza afirma que o agresor, de nacionalidade marroquí, dirixiuse á menor por detrás para quitarlle a bandeira do Sahara que levaba suxeita na cabeza cunhas gomas. O colectivo engade que o suposto agresor, que "atacou física e verbalmente a varias novas saharuis" ás que "insultou" con comentarios "machistas".
Faise viral o vídeo desta xornalista do Galicia Confidencial no que pedía explicacións de por que hai xente que lle ten tanto odio ás persoas que se expresan en linguas cooficiais.
  comenta   0