O ciclo 'Poetas Di(n)versos' acollerá unha nova edición no próximo mes de novembro, da man de Yolanda Castaño, gañadora recentemente do Premio Nacional de Poesía 2023.
A Premio Nacional de Poesía 2023 destaca que este galardón "reivindica a alta calidade da literatura galega desde hai varias décadas". Castaño recibiu a noticia da directora xeral do Libro e Fomento da Lectura coa quete ten unha relación "desde hai anos". Atópase en México para participar nun festival de poesía e alí defende que "un Estado debería enorgullecerse de ser plurilingüe".
  comenta   0
O xurado destacou que "en 'Materia', Yolanda Castaño móstranos unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva e, á vez, directa, radical e feminista. Explora, de forma non compracente, temas como a maternidade, a familia e os costumes e logra sacar a realidade da súa nebulosa habitual para concretala en materia lingüística, destacando o xogo verbal e rítmico que cuestiona o establecido".
  comenta   0
Yolanda Castaño convértese, desta maneira, na última incorporación á nómina de gañadores deste premio, entre os que están tamén Eli Ríos, Lorena Conde, Luz Pozo Garza, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta ou Estevo Creus.
  comenta   0
Este ano o xurado dos premios concedeu unha mención especial á Fundación Contemporánea, polo "fomento e difusión de proxectos culturais" e, en especial, polo labor que desenvolve co estudo 'Observatorio da Cultura'.
  comenta   0
A sesión mensual do ciclo de poesía reunirá á autora de 'A elegancia do século' con Piedad Bonett, "unha das máis grandes poetas hispánicas contemporáneas"
  comenta   0
Trátase unha iniciativa promovida pola Deputación de Ourense e o centro Residencia Literaria 1863, dirixido por Yolanda Castaño na Coruña.
  comenta   1
Para poder acceder a este espazo os escritores deberán cumprir unha serie de requisitos. Así, terán que presentar unha memoria dun proxecto, un dossier do traballo previo, unha biografía e unha carta na que expoñan as súas motivacións.
  comenta   0
O festival de poesía compostelán 'Alguén que respira. Os 21 do 21', que celebrará este 2021 a súa cuarta edición, visibilizará, a partir do 21 de marzo, a novos poetas de toda a península, os días 21 de cada mes ata decembro no Teatro Principal de Santiago.
  comenta   0
A poeta volveu á televisión, pero desta volta á pantalla asturiana. Alí presenta Igualex, un programa innovador sobre sexualidade, dende o feminismo e contra a violencia machista. O GC conversa con ela disto e doutras moitas cuestións nas que feminismo, literatura e lingua sempre andan polo medio.
  comenta   0
O Certame Mazarelos da Facultade de Filoloxía encara xa a súa quinta edición.
  comenta   0
Xerais presenta unha antoloxía de poemas de Yolanda Castaño reinterpretados por corenta autores de banda deseñada.
  comenta   0