Tanxugueiras, O Son do Camiño e 'O Corno', o máis destacado polo sector cultural galego do 2023

Así o reflexa o estudo do Observatorio da Cultura Galega con respostas de 960 entidades do sector. Séguenlles: Yolanda Castaño, co Premio Nacional de Poesía e a publicación de 'Materia' (5,5 %), e a película 'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen (5,5 %).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2024 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O grupo Tanxugueiras (10,3 % dos enquisados), o festival O Son do Camiño (10,1 %) e a película 'O Corno' (7,4 %) atópanse entre os eventos culturais máis destacado en Galicia en 2023, segundo o estudo do Observatorio da Cultura Galega con respostas de 960 entidades do sector. Segundo informa o Consello da Cultura Galega nun comunicado, este informe supón un avance do próximo Barómetro da Cultura Galega.

Séguenlles: Yolanda Castaño, co Premio Nacional de Poesía e a publicación de 'Materia' (5,5 %), e a película 'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen (5,5 %). O grupo Fillas de Cassandra, a xira de despedida de Leilía, os actores Luís Tosar e Luís Zahera, así como a exposición sobre Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña ou o Premio Nacional de Literatura Dramática a Paula Carballeira son outras das propostas que recibiron votos.

O novo e terceiro álbum de Tanxugueiras, 'Diluvio'.. TANXUGUEIRAS
O novo e terceiro álbum de Tanxugueiras, 'Diluvio'.. TANXUGUEIRAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta