Ampliación.- Feijóo engorda ás axudas aos medios con 2,5 millóns máis

Antes de "estudar" a regulación das subvencións aos medios, tal e como se comprometeu a pasada semana cos representantes dos xornalistas, Núñez Feijóo apresurouse, dous meses despois de asumir a Presidencia do Goberno galego, a ampliar o decreto de axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión asinado polo bipartito e o fai con 300.000 euros máis que o anterior goberno...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/06/2009 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Tamén o anterior bipartito ampliou o crédito ás empresas xornalisticas sen ter en conta a creación de emprego estable nin a diminución da precariedade. O 17 de marzo de 2008 asinaba un decreto que aumentaba en 2,2 millóns este tipo de axudas.  O novo executivo de Feijóo, utilizando este tipo de procedimentos, ben de engordar en 300.000 euros esta cantidade.

Así, o importe, que o anterior goberno fixaba para cada medio en 39.336 euros noutra resolución do 21 de novembro de 2008, será aumentado en 2,5 millóns de euros.

***********************

Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 21 de novembro de 2008, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión publicada no DOG nº 234, do 2 de decembro, establece as bases para a concesión destas subvencións.

O artigo 3 desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Comunicación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

35 jlprieto.net »  En Galicia estamos forrados

[...] En Galicia estamos forrados, y lo hemos descubierto con nuestro nuevo y flamante Presidente, Alberto N??ez. Resulta que tenemos tanta pasta que nuestra Administraci?n, la Xunta, suelta pasta a tout est plein a las empresas period?sticas para comprar su l?nea editorial. Y suelta pasta a espuertas para sacar de excursi?n a los ancianos para comprar su voluntad electoral. Tenemos tanta pasta los contribuyentes gallegos que nuestro Gobierno auton?mico puede permitirse el lugo de renunciar a ingresos a mansalva de los tributos de los propietarios de yates (?pobrecillos!). Y todo ello sin reducir los gastos de altos cargos, y con el patrocinio de un mecenas privado. [...]

34 Lugo liberal

[...] -La ge que es ga les vuelve gagás [...]

33 anónimo

Bidespilfarro???

32 endurance » Blog Archive » Disposición en épocas de austeridade

[...] Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1. [...]

31 anónimo

REPITO POR MILÉSIMA VEZ, DEIXADE O ARGUMENTO DE MADRID:

O CONTRATO DÉRONLLO AO BBVA (ESTES SÍ SON DO PEPÉ), SOCIO MAIORITARIO DA OPERACIÓN INMOBILIARIA QUE DECIDES... SAN JOSÉ PARTICIPA CUN 20%.

NO DE BALTAR, COMPLETAMENTE DE ACORDO