Candidatura veciñal A Teixeira/ Mercedes Martínez Modroño

Unha candidata de Podemos tentará romper a hexemonía que o PP ten na Teixeira desde 1995

Eleccións

A lista estará encabezada por Mercedes Martínez Modroño, membro do Consello de Coordinación autonómica de Podemos.

Mercedes Martínez Modroño e veciñas e veciños da Teixeira, que non formaron nunca parte da coorporación municipal, sacan adiante un novo grupo político chamado "Unión Veciñal polo Cambio" co que tentarán facerse ca alcaldía coa que o PP conta dende 1995.
A cabeza de lista, Martínez Modroño, quen foi candidata por Podemos Galicia e forma parte do seu Consello de Coordinación, defende que "na política municipal debe darse preferencia ás necesidades e problemas da poboación". "Consideramos que é fundamental no concello á rexenaración democrática e a participación da veciñanza nas decisións municipais", engade.

En Marea podería arrebatar un deputado ao PSOE na Coruña

Eleccións - 26 Xuño 2016

Este sería o único cambio no país este 26X respecto aos resultados do 20D.

“Ourense en Común e moitos proxectos locais somos froito do 15M”

Eleccións - 15 Maio 2015

“Falan de de traballo pero tras anos de goberno temos precariedade e pobreza”. Esta é a denuncia de Miguel Doval, candidato de Ourense en Común tras unhas primarias que convulsionaron esta 'marea', que, aínda as,í pode ser clave para impedir que o PP goberne nun Concello que “non pode ser un circo nin a antesala dos xulgados”. Doval indica nesta entrevista que as diferencias con Podemos e Anova son "mínimas".

Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

Eleccións - 05 Novembro 2012

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Feijóo teme a oposición de AGE

Eleccións - 03 Novembro 2012

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

ES pide a dimisión de Vázquez e dos cargos orgánicos

Eleccións - 31 Outubro 2012

Esta corrente do PSdeG entende que é o "único xeito de rexenerar" este partido e de volver recuperar a confianza dos cidadáns. Tamén defende a creación dunha "ampla fronte progresista".

O BNG de Ourense renóvase tras o caso Pokémon

Eleccións - 30 Outubro 2012

Isabel Pérez e Marta Arribas deixan as súas actas. Antes xa o fixera Fernando Varela tras a súa implicación neste caso. A decisión adoptouse para seguir na oposición

O PSdeG baixou pola división da esquerda, segundo Rubalcaba

Eleccións - 29 Outubro 2012

O líder do PSOE suliña que, ao presentarse tantas forzas de esquerda, o electorado non visualizou un "goberno alternativo".

O PPdeG volve gañar na emigración

Eleccións - 29 Outubro 2012

Hai unha redución da participación do 60%. Os populares acadan a a metade dos votos e AGE sitúase como terceira forza tamén no exterior. O PP e PSOE poderían pactar unha nova reforma da lei electoral para incentivar a participación dos emgirantes.



As eleccións do 21-O de 2012

ELECCIÓNS GALEGAS

Resultados de 2009

FORMACIÓN ESCANOS
PP 38
PSdeG 25
BNG 12
tarta

¿Que se está a cocer?