Artigos de F.Glez.Tenreiro

Mirando a Cuenca

Creo que xa o escribín nalgún outro lado, porén o vou recordar hoxe aquí: non adoito ver moito a televisión – creo que é malo - salvo os telexornais da mañá. Por iso non vexo nunca a TVG; revírame as tripas.

Poemas Gallegos

Pídolles, por favor, que fagan un pequeno exercicio de meditación; que vexan este vídeo de apenas 16 segundos e pronuncien mentalmente, con toda a solemnidade que lles sexa posíbel: “Este é o PRESIDENTE DE GALIZA”.

Deconstruíndo Ferrol

Como se pode facer unha reportaxe televisiva de 30 minutos sobre unha cidade da que non se sabe nin o nome? Que llo pregunten á xornalista española que conduciu o documental "Deconstruyendo Ferrol", emitido esta semana pola cadea pública estatal, coa situación agónica da cidade galega de fondo.

Unha de indios e galegos

"Os indios séntense máis estadounidenses que calquera outro cidadán deste país", contestou ofendida unha amiga ianqui á saída dun espectáculo musical no escenario incomparábel das badlands de Dacota do Norte. O western-cabaret ao que acabábamos de asistir discorría ao redor da historia estadounidense desde as súas orixes, a finais do século XVIII, até principios do século XX. A historia da colonización en menos dunha hora. De aí a miña estrañeza e consecuente pregunta sobre a ausencia, seica intencionada, de indíxenas americanos nunha peza teatral con grandes doses de exaltación patriótica.

O nacionalismo, Los Limones e Syriza Caníbal

Non nos enganemos. Os nacionalistas non perdemos nada o pasado 21 de outubro. Eu e todos aqueles que non renuncian á súa identidade histórica, que non se resignan a vivir en actitude de vasalaxe perante Castilla, agora apéndice inflamado do imperio xermánico, seguimos sendo tan dignos de autoproclamarnos galegos como o día anterior ás eleccións.

Castellanos de Galiza

“Probe Galicia, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida cando eres, ¡ai!, tan hermosa”, Rosalía de Castro.

Fútbol, traballo e lingua

"Antes de meternos en cuitas económicas y estudiar la gravísima situación que atraviesa España y la moneda única europea, queremos poner una sonrisa con una de las imágenes del día. España jugó con Torres de 9 y dio un baile espectacular a Irlanda", así abría a semana pasada o seu facebook un coñecido medio de comunicación galego, invitando aos seus lectores a poñerse até arriba de dopamina antes de analisar a crúa realidade. Alucinante, porén para nada sorprendente neste país de mal prensados.

Castelao e Míchel Salgado

Tal é o grao de degradación experimentado polos galardóns homónimos de Castelao que se o premio fose un exemplar do Sempre en Galiza en lugar dunha triste medalla, os gañadores deste ano terían por fin a oportunidade de ler un libro do xenio de Rianxo.