Unha vía verde unirá Santiago con Cerceda pola antiga vía do ferrocarril.

A Deputación da Coruña destina 1,86 millóns de fondos europeos para construír "a primeira vía verde" da provincia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destinou 1,86 millóns de euros procedentes de fondos FEDER para a construción de "a primeira vía verde" da provincia, que transcorrerá entre Santiago e Cerceda pola antiga vía do ferrocarril.

Diso informou este venres o presidente provincial, Valentín González Formoso, tras manter un encontro con resposables dos gobernos municipais polos que pasará o camiño.

Alí, o titular da deputación indicou que o orzamento total da actuación chegará aos 2,3 millóns de euros, xa que aos fondos comunitarios sumaráselles unha achega de máis de medio millón de euros procedentes do goberno provincial.

O obxectivo é "facer realidade un proxecto ambicioso e tecnicamente complexo: a construción da primeira 'Vía verde' da provincia e a de maior lonxitude de Galicia", remarcou o tamén alcalde das Pontes.

Recreación dunha vía Verde
Recreación dunha vía Verde

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta