O delegado do Goberno apela a converter o Brexit "nunha oportunidade e non nun problema"

Losada destacou o traballo "de difusión" da Dirección Territorial de Comercio e do ICEX Galicia de cara a analizar o impacto para a economía galega da saída do Reino Unido da UE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apelou a converter o Brexit "nunha oportunidade e non nun problema" para os sectores produtivos galegos a pesar de que o británico é o cuarto mercado con maior incidencia na exportación das empresas da comunidade.

Losada pronunciou estas palabras no marco da primeira reunión do grupo de traballo 'Brexit-Galicia', impulsado por Instituto de Comercio Exterior de Galicia (ICEX) en Galicia e no que participan representantes da economía galega e das tres universidades, así como da Axencia Tributaria, autoridades portuarias e a Secretaría de Estado de Comercio.

Así, segundo recolle un comunicado emitido este martes pola Delegación do Goberno, Losada destacou o traballo "de difusión" da Dirección Territorial de Comercio e do ICEX Galicia de cara a analizar o impacto para a economía galega da saída do Reino Unido da UE, prevista para o próximo mes de outubro.

"Creo que accións e iniciativas como esta son un exemplo claro da importancia que ten a coordinación entre institucións públicas e privadas para poder afrontar os problemas aos que nos enfrontamos desde Galicia", incidiu.

Primeira reunión do grupo de traballo 'Brexit-Galicia' celebrada na Delegación do Goberno en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Primeira reunión do grupo de traballo 'Brexit-Galicia' celebrada na Delegación do Goberno en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta