A Xunta decreta por primeira vez unha veda para a pesca de choco na ría de Arousa a partir deste xoves

Súmase ás xa existentes nas rías de Vigo e Pontevedra, que comezaron o pasado 15 de xullo e manteranse ata o 31 de outubro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar acordou prohibir a pesca de choco na Ría de Arousa, unha veda que entrará en vigor a partir deste xoves e manterase ata o 31 de outubro. Segundo informa este mércores a Xunta, trátase da primeira vez que se adopta unha medida deste tipo na ría de Arousa por mor dunha reclamación da Federación de Confrarías de Galicia.

Deste xeito, queda prohibida a captura, tenencia a bordo, transbordo ou comercialización desta especie a partir deste xoves 1 de agosto. Esta veda súmase ás xa existentes nas rías de Vigo e Pontevedra, que comezaron o pasado 15 de xullo e manteranse ata o 31 de outubro, mesma data na que se levantará a prohición en Arousa.

Exemplar de choco
Exemplar de choco | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta