Preto de 200.000 manifestantes paralizan Vigo

A cidade olívica foi o epicentro das mobilizacións en Galicia. A cidade quedou paralizada polo masivo apoio á folga xeral. Os sindicatos falan dun seguimento do 90%. Fotogalería das manifestacións e vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/03/2012 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

 Colaboración especial de Rosalía R. Méndez (texto) e Miguel Núñez (fotografías) para GC.

Non se recordaba en Vigo unha manifestación tan numerosa, 200.000 persoas en total sumando as tres manifestacións convocadas. Os sindicatos falan de que o seguimento da folga na cidade foi dun 90%.

grafica GC

Ás 08.25 da mañá Vigo semellaba unha cidade pantasma. O paro era case total.

Paro total nos sectores da automoción, estaleiros e no Porto de Vigo.

O primeiro pulso da madrugada tivo lugar no cambio de quenda da factoría Citroën. Os piquetes comezaban a chegar contra as catro da mañá, aínda que non foi  ata dúas horas máis tarde cando se produciron os relevos nas quendas dos traballadores. A presenza policial era considerable, tendo en conta que había un cento de persoas que formaban o piquete informativo. O seguimento da folga foi tan alto, que a Citroën tivo que parar a cadea de produción, por non contar con persoal suficiente. O mesmo sucedía en industrias auxiliares da automoción de Vigo e comarca. A situación foi similar de madrugada na zona de Beiramar.

Paro absoluto no naval vigués e tranquilidade nos asteleiros, sen presenza policial. Os traballadores concentráronse ás portas dos seus centros de traballo durante horas. Un claro exemplo foi a empresa Freire, un dos poucos estaleiros que conta nestes momentos con carga de traballo en Vigo. Nos polígonos industriais respirouse o mesmo ambiente. No polígono industrial de Valadares ás sete da mañá un grupo reducido de piquetes e un furgón policial vixiaban a evolución da folga. Na área empresarial e de loxística do polígono o paro foi prácticamente total, mentres que nas industrias de servizos do parque, como por exemplo o téxtil, o seguimento do paro non foi tan masivo segundo os piquetes.

grafica GC

Presenza policial en Citroën perante os piquetes, coa quenda das seis da mañá

Detención dun cámara da CIG

O único incidente destacable na cidade produciuse a primeira hora coa detención por parte da policía dun reporteiro da CIG que estaba a gravar o piquete nun centro comercial. O sindicato denuncia que a actuacón policial foi excesivamente violenta.

Mentres, no Porto de Vigo a actividade foi nula. O Porto e a Lonxa estiveron paralizados durante todo o día. Os barcos non saíron a faenar e tódalas industrias permaneceron pechadas, debuxando unha paisaxe nada habitual na cidade.

grafica GC

Piquetes e policías, na saída dos autobuses de Vitrasa, ás 6.45 da mañá

Servizos mínimos cumpridos

Espertou o día e o tráfico na cidade foi semellante a un festivo calquera. Praza América baleira, o mesmo sucedeu en arterias principais como Gran vía, Urzáiz ou García Barbón. Non só estivo paralizada a zona industrial, senón que sucedeu o mesmo no centro de Vigo. O transporte urbano respectou os mínimos establecidos ó 20%, e os taxis que traballaron levaron un cartel sinalando os mínimos.

Non houbo tampouco voos programados en Peinador e os trens permaneceron nos andéns na estación, aínda que estivo permanece aberta.

Os hospitais funcionaron con servizos mínimos. Algúns traballadores denunciaron que os mínimos foron abusivos ás portas do Hospital Xeral, mentres en Povisa a xornada de folga comezou con normalidade, aínda que con presenza policial polo piquete na entrada da quenda de día.

grafica GC

Folguistas no Hospital Xeral de Vigo, ás 07.45 horas

Cidade pantasma

Sobre as nove da mañá o centro de Vigo permanecía baleiro, coma se fose unha cidade pantasma, nas horas previas ás manifestacións. Os colectores tumbados recordaban os pequenos incidentes da noite anterior. Comercios, centros comerciais e cafeterías estiveron pechados e tan só uns poucos peóns camiñaban pola rúas. Onde sí houbo certa actividade foi no centro de Vigo diante dos grandes bancos. O piquete informativo logrou cortar o escaso tráfico, polo que acudiu deseguido a Policía, que non tivoque intervir en ningun momento, aínda que si os bombeiros pola queima dun colector.

O seguimento da Folga na Administración Pública foi desigual. Mentres os sindicatos falan dun cento de traballadores que acudiron ó seu posto de traballo no edicifio da Xunta, medio cento facíao no Concello contra as nove da mañá. A Xunta fala dun seguimento do 35% fronte o 90% que defenden os sindicatos.

grafica GC

O selo da folga nun escaparate de Zara nas Travesas

Masivas manifestacións

Un total de tres manifestacións estaban convocadas esta mañá en Vigo a diferentes horas no centro da cidade. A primeira en saír foi a de CCOO e UXT ás 11 da mañá, que comezaba dende a Gran Vía á altura do Corte Inglés. A CUT, CGT e CNT saían á mesma hora pero dende a Praza de España, tan só uns metros máis arriba, rematando na Porta do Sol. A terceira manifestación, a convocada pola CIG, partía dende A Doblada (no barrio do Calvario) e remataba ao comezo da rúa do Príncipe, sendo a máis longa en percorrido.

CCOO e UXT saían puntuais dende a Gran Vía cara ás once da mañá. A afluencia de persoas foi tan numerosa que pouco despois do mediodía a cabeceira da manifestación chegaba ao seu punto final mentres quedaba todavía xente sen saír da Gran Vía. Os dous sindicatos cifran a participación en 100 000 persoas, mentres que a Policía Local fala de 85 000, tan só nesta manifestación. Unha vez finalizado o percorrido, diante da sede da Xunta, CCOO e UXT quixeron recordar ó Goberno central que non lle queda máis remedio que sentarse a negociar unha reforma laboral que os traballadores rexeitaron de forma masiva.

grafica GC

Os estaleiros vigueses tamén pararon na xornada de folga xeral

Na Manifestación da CIG, que saía tamén puntual ás 12 da mañá, repetíase a historia: mentres a cabeceira chegaba ó final do percorrido moitas persoas aínda non puideran saír do punto de inicio e seguían baixando milleiros de persoas pola rúa de Urzáiz. O sindicato calcula que unhas 100 000 persoas acudiron á convocatoria da CIG para pedir a retirada da reforma laboral. O sindicato nacionalista quixo recordar que é a hora de loitar polos dereitos da clase traballadora galega, que “non é hora de resignarse”. Pola súa banda, Guillerme Vázquez, do BNG, dixo que "o Goberno debe tomar nota do éxito da folga xeral e retirar a reforma laboral".

grafica GC

Na contorna de El Corte Inglés non había movemento ás nove da mañá

Varios milleiros de persoas asistiron tamén á terceira manifestación, a convocada por CUT, CXT e CNT, que remataba na Porta do Sol.

Tanto CCOO e UXT coma a CIG fixeron ao remate das manifestacións da mañá, un chamamento ós asistentes para voltar pola tarde as rúas para continuar coa folga. A cita foi ás catro da tarde na “Farola”, á entrada da Rúa Príncipe. A convocatoria tivo tal éxito que se organizou de xeito espontáneo un piquete multitudinario que se dirixiu ata o Corte Inglés, que estaba aberto a esas horas e non tivo máis remedio que pechar de inmediato ante a chegada dos piquetes sobre as cinco da tarde.

grafica GC

A comercial rúa do Príncipe, practicamente baleira

grafica GC

Así amencía hoxe a lonxa de Vigo. O único movemento era de gaivotas

grafica GC

Vigo quedou paralizado pola mañá

grafica GC

Lume nun colector en García Barbón. Os incidentes foron mínimos.

Imaxes da manifestación da CIG

grafica GC

grafica GC

grafica GC

Imaxes da manifestación de CC.OO. e UXT

grafica GC

grafica GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

3 Andamolho

Certamente a manifa da CIG impresinante, eu estive alí!!

2 Xove

A manifa da CIG en Vigo foi espectular (a pesares de que en Faro nin a mencionan...). Moito mérito e capacidade de mobilización da CUT. Dúas organizacións sindicais exmplares na loita sindical. O que non entendo é como Bascuas vai a este tipo de manis de roxos, marxistas, e upegallos... O seu modelo non era CiU? Por se alguén non se lembra, CiU apoiou xunto co PP esta reforma laboral. O de Bascuas e Máis Galiza é pura coherencia...jajaja Os únicos con algo de sentidiño (Camilo Nogueira, Aymerich, Suso Veiga, Vence, etc) pronto se desfixeron destes "moquetas"

1 Caín

Agora ten que ser a UPG quen decide quen ten que ir a unha manifa, así nos vai. Este tal Bascuas ten todo o dereito a ir e seguramente mais da metade dos asistentes pensamos que mentras non haxa un partido nacionalista coma CIU ou algo polo estilo eiquí vai gañar o PP sempre. A UPG pode elexir manifestantes...entón porque non se presentan como tal ás eleccións?, ou mellor dito porque promove a xente coma o tal Bascuas pra seren carteis electorais?

2 marc

este tal bascuas ten a obriga de ser coherente se desexa ser o novo mesías.

3 Bruar

Xove desfacéndose do unto. Váime este home a dicir que Aymerich é un exemplo e Bascuas non. Resumido, os que quedaron no BNG (da igual a súa ideoloxía son bos, xenerosos e guapos) e os que xa non están son dereitosos por non aceptar á U? Porca miseria! Pobre discurso, sobretodo pensando que o futuro está cheo de posibilidades e entre elas unha da máis pausibles sexa que haberá que compartir espazos de gobernanza no futuro. Véselles moito máis senso aí á U que sabe que iso vai pasar e non aprobeita para tal fácil discurso de mexar opinións por quen até onte compartillaban espazo.

4 Xove

Evidentemente non se pode nin se debe tentar expedir carnés de "bos e xenerosos". Non é o meu obxectivo. Liberdade para ir á mani que queiras? Pois toda a do mundo e máis. O que non entendo é que insultes e desacredites aos ex-compañeiros da UPG, digas que empregan fórmulas do XIX e logo compartas rúa con eles. Porque si o Bloque, supostamente, está liderado pola U o da CIG xa non ten nome, non é? Non entendo que busques modelos coma CiU que é un partido máis rancio e de deritas que o propio PP e logo estés na rúa contra a reforma que este partido catalán aprobou. Polo visto Martiño tamén estivo mais véxoo máis coherente, moito máis, que ao Bascuas. EI e UPG atópanse na esquerda e no soberanismo aínda que os modelos organizativos e as tácticas sexan diferentes

5 A.V.

Qué? Ides seguir moito tempo máis coas vosas guerriña de patio de veciñas entre U e anti-U? Na campaña electoral ¿ides meterlle cera a Feijoo ou ides seguir co voso? Porque xa me cheira demasiado toda esta leria.

6 Bruar

Xove, non critiquei en absoluto á U nin ao BNG, únicamente critiquei do teu comentario, facendo xocosidade co do unto pero á contra do que ti dicías. Eu non defendo en absoluto un modelo nacionalista como o de CiU para Galicia. Defendo un nacionalismo plural de esquerdas. Respostei ao teu comentario sobre Bascuas, quizáis con pouca fortuna. Verémonos polo camiño moitas veces.

1 Gamela

Parabéns. Bendita Folga Xeral. Se queredes enviarlle "recado" ao goberno, o primeiro punto dunha lei de transparencia é "Non Mentir"! http://www.leydetransparencia.gob.e... Saúde.