Rosa Quintana sinala que a extracción de estrelas de mar en Pontevedra permitirá "compensar o ecosistema" local

A concelleira do Mar descarta denominar a situación de "praga" senón como unha "concentración" deste organismo que en valores normais convive "co resto de peces e moluscos" no ecosistema mariño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou este xoves que a abundante presenza de estrelas mariñas na ría de Pontevedra non se trata dunha "praga", senón dunha "concentración" deste organismo que en valores normais convive "co resto de peces e moluscos" no ecosistema mariño.

A abundancia de estrelas de mar na zona suscitou alarma entre as confrarías, ao tratarse dunha especie depredadora de organismos como as ameixas e os berberechos e que estaba a afectar aos bancos marisqueiros.

É por iso, segundo explicou Quintana a preguntas dos medios, que desde a Xunta se autorizou "a extracción" destes depredadores co obxectivo de "compensar o ecosistema" das zonas de traballo onde actúan as mariscadoras. Neste sentido, asegurou que se trata dunha actuación que leva a cabo "moitísimas veces ao longo do ano", para así buscar un equilibrio.

Rosa Quintana
Rosa Quintana | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta