Miguel Uclés, bombeiro: "A Administración non aprendeu nada dos lumes do 2017"

Miguel Uclés, delegado sindical da CIG nos bombeiros de Vigo e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia destaca que non se ten feito nada para evitar unha catástrofe incendiaria como a do 2017 ou 2006. "Non hai unha mellora da coordinación das emerxencias, non se mellorou a situación dos bombeiros forestais nin a capacidade de traballo cos axentes forestais", destaca. Tamén explica as razóns polas que o seu colectivo comezará unha folga indefinida o 14 de agosto en Vigo, precisamente, por condicións laborais que sofren con quendas de ata 48 horas ininterrompidas.

Por Brais Nogueira | Vigo | 09/08/2019 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia