Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 15:40
Un traballador faleceu na tarde deste xoves tras recibir un golpe mentres cortaba árbores no termo municipal de Campo Lameiro (Pontevedra).
Segundo os datos facilitados por fontes do 112 Galicia a Europa Press, ás 13,30 horas deste xoves o servizo de emerxencias recibiu o aviso de que unha persoa sufrira un golpe mentres cortaba árbores no lugar da Capela, en Campo Lameiro.
A pesar dos esforzos do persoal de emerxencias mobilizado, non puideron nada por salvarlle a vida ao traballador, indicou o 112 Galicia. Debido a este accidente, tamén foron mobilizados axentes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.