Interceptada unha furgoneta procedente de Malpica con máis de 34 quilos de peixe ilegal

Transportaba un total de 24,70 quilogramos de nécora, 4 quilogramos de santiaguiños, 5,2 quilogramos de polbo e 0,7 quilos de bogavante.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2019 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Unha furgoneta isotermo foi interceptada na autovía AG-55 cando transportaba peixe ilegal, en concreto un total de 24,70 quilogramos de nécora, 4 quilogramos de santiaguiños, 5,2 quilogramos de polbo e 0,7 quilos de bogavante.

Así, na operación levada a cabo pola Garda Civil da Coruña, en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta, os efectivos sospeitaban de que o vehículo puidese transportar mercadoría carente de documentación e interceptaron a furgoneta procedente de Malpica para proceder ao seu rexistro.

Os axentes localizaron un alixo total de 41,70 quilogramos de nécora, dos cales só se reflectían rexistrados 17, así como catro quilos de santiaguiños --especie vedada--; 5,2 quilogramos de exemplares de polbo que non chegaban ao peso mínimo legalmente establecido e 0,7 quilos de bogavante.

Pola súa banda, unha vez realizada a pesada da mercadoría procedeuse a realizar as denuncias pertinentes por unha suposta infracción da Lei de Pesca. Así mesmo, as especies incautadas foron sementadas ao acharse os exemplares vivos, a excepción do polbo, que foi entregado no centro benéfico Padre Rubinos.

Interceptada unha furgoneta que transportaba peixe ilegal procedente de Malpica na AG-55. GARDA VICIL
Interceptada unha furgoneta que transportaba peixe ilegal procedente de Malpica na AG-55. GARDA VICIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta