O curso comeza con outra prórroga do servizo de comedores escolares en Santiago

O goberno do PSOE alega "é materialmente imposible que o concurso estivese preparado para iniciar en setembro".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2019 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O curso comezará este ano en Santiago de Compostela con outra prórroga do servizo de comedores escolares, segundo ratificou este luns o secretario da xunta de goberno local, Gumersindo Guinarte.

O concelleiro socialista responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo sinalou que, aínda que o asunto "está a tramitarse coa maior celeridade posible", non foi posible ter preparado o concurso. Desta forma, o servizo de comedores escolares afrontará o inicio do curso 2019/2020 co contrato vencido e con encomenda á actual concesionaria para que asuma esta tarefa durante o primeiro trimestre.

"Confiamos en que nunha xunta de goberno extraordinaria esta semana ou na ordinaria da semana que vén se aprobe finalmente", indicou Guinarte durante unha rolda de prensa no concello.

A pesar de que o exalcalde, Martiño Noriega, asegurara que o novo concurso chegaría a tempo para o comezo do ano escolar, o edil do PSOE indicou que o tempo era escaso para unha licitación de tal magnitude. "Estamos en agosto, obviamente en setembro imos ter que entrar ao curso coa prórroga", sinalou.

O secretario da xunta agradeceu a prema dos funcionarios encargados de tramitar este servizo, pero afirmou que "é materialmente imposible que o concurso estivese preparado para iniciar a prestación de servizos en setembro".

POLÉMICA EN 2015

En 2015, a empresa Pérea Rojas S.L. solicitou a "non adxudicación" do contrato do servizo de comedores escolares no Concello compostelán para os cursos escolares 2015-2016 e 2016-2017.

Fíxoo despois de que a Consellería de Educación lle rescindira os contratos de 20 centros por "incumprimento grave" nas condicións de calidade. A partir de aí, o por entón alcalde, Martiño Noriega, de Compostela Aberta, anunciou unha mesa de contratación para adxudicar este servizo.

Comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo
Comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta