Analizan o suposto acoso do alcalde de Ourense a un funcionario "polo feito de ser do PSOE"

Nun primeiro momento, "é un expediente máis" e, unha vez que finalizase a investigación, de ser o caso, "estableceranse as medidas oportunas".

Por E.P. | OURENSE | 14/08/2019 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

Os servizos xurídicos municipais comezaron a analizar o suposto acoso do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a un funcionario polo feito de ser do PSOE, segundo sinalou este mércores o rexedor en funcións, Jorge Pumar.

Un funcionario do Concello de Ourense pediu auxilio ao concelleiro de Recursos Humanos "ante o permanente e ilexítima fustrigación" que sofre supostamente por parte do alcalde.

Jorge Pumar manifestou que se trata dunha denuncia que "leva un protocolo a nivel administrativo". Nun primeiro momento, "é un expediente máis" e, unha vez que finalizase a investigación, de ser o caso, "estableceranse as medidas oportunas".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta