Que é Acción Galega?

Un grupo de ex dirixentes do BNG, independentes e mesmo militantes do PP comezaron a negociar cos irmandiños e con +G a opción de participar nunha gran coalición nacionalista "aberta" e "centrada no país". O proxecto está en marcha pero aínda non colleu forma.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/04/2012 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Non é un partido político pero funciona como tal. Hai meses que ex dirixentes do BNG se xuntaron para analizar a posibilidade de crear un novo partido nacionalista á marxe do Bloque. Esa era a idea orixinal pero, tras o acontecido na asemblea nacionalista do BNG, os obxectivos mudaron.

None

Nesas conversas iniciais participaron rexedores do BNG, principalmente de Ourense, como Xoán Jardón, de Vilar de Santos; e outros ex dirixentes desta formación coma Teresa Táboas, Xosé Antón Pérez Lema ou o dirixente do PNG-PG, Xosé Mosquera. Pero tamén estaban outras figuras destacadas, polo menos en canto a súa militancia, do PPdeG, como é o caso de Rafael Cuiña, fillo do ex conselleiro de Política Territorial na época de Fraga, Xosé Cuiña. 

 

Nova etapa

 

Sen embargo, tras a decisión de Encontro Irmandiño de abandonar a fronte --unha decisión que seguiron outras formacións como +G, o PNG ou EN--, este grupo de persoas comezou unha nova etapa nos seus obxectivos políticos e abriron vías de negociación con EI para analizar a posibilidade de crear unha gran coalición nacionalista.

None

 

Segundo as fontes consultadas por GC, nesas conversas participaron Rafael Cuiña e Teresa Táboas, entre outros dirixentes. Houbo aproximación de posicións pero as posturas de Acción Galega foron claras sobre esa "gran coalición"; non pode ser un fronte de partidos "ao estilo do BNG", non debería integrar a formacións independentistas ou que teñan coma único fin acadar a independencia de Galicia e tería que estar aberta a posturas "centristas", ao estilo dos converxentes cataláns.

 

O papel de Beiras

 

Tamén houbo valoracións persoais sobre quen debería liderar esa fronte. E a postura dalgúns dos que participaron nestas conversas é que non debería ser dirixida por Xosé Manuel Beiras. "Quizais poidera encabezar a lista desta coalición por A Coruña, pero non ser o candidato", comentaron as fontes consultadas sobre o que dixo un destes interlocutores.

 

Posteriormente, a pasada semana, Acción Galega comezou negociacións con +G. Unhas conversas nas que participaron, entre outros, Xoán Báscuas e Rafael Cuiña.

 

Polo momento, non hai decisións en firme posto que as conversas que se manteñen son a varias bandas. EI mantén abertos canles de diálogo cos Ecogaleguistas, con +G, con Causa Galiza, coa FPG, cos distintos colectivos nacionalistas creados tras a asemblea nacionalista do BNG e mesmo con algún grupo de socialistas excindidos do PSdeG. Tamén +G dialoga con varios destes grupos. "É necesario algún tempo para avaliar as propostas que se están poñendo enriba da mesa e comezar a sacar conclusións", comentan as fontes consultadas.

 

Outro proxecto centrista

 

Por outra banda, Acción Galega mantivo, tamén, conversas informais con algún dos dirixentes doutra fronte de partidos de centro que se está a formar en Galicia e que xa mantivo algunhas xuntanzas. Nestas conversas teñen participado representantes de Terra Galega (TEGA), Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), Alternativa Popular Galega (APG), Converxencia XXI (CXXI) e Partido Galeguista Demócrata (PGD). Con todo, e segundo as fontes consultadas, non houbo ningún acordo.

 

"O que buscan é unha persoa mediática. Non dispoñen de ninguén que teñan certa proxección", di un dirixente consultado de Acción Galega. "Nós xa lle ofrecemos participar nesta nova plataforma pero semella que non amosaron ningún interese", apunta outro dirixente dun destes partidos. "Con ou sen eles nós seguiremos adiante co noso proxecto porque, desde logo, non entendemos como se conxunta iso dun partido que se di independentista como a FPG con outro de centro-galeguista como din que son eles", insiste en referencia a Acción Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 198 comentarios

10 RCG

Se Galicia fose un país políticamente normalizado, como Cataluña ou Euskadi, por coherencia ideolóxica a FPG e Causa Galiza ingresarían neste novo BNG nítidamente comunista que saíu de Amio; o EI, +G e os Ecogaleguistas confluírían nunha forza nacionalista de esquerda máis moderada; e estes de Acción Galega formarían o seu CiU galego cos do PNG,CXXI,TeGa, PgD, etc. Por coherencia e por non marear ao eletorado. Pero é que Galicia non é un país políticamente normal (que un partido herdeiro dos caciques antigaleguista coma o PP acade maiorías absolutas grazas a tantos votos de labregos galegofalantes ; que os partidos afines se alonxen por discordias personales e discrepancias infantiloides, etc. etc. Así andamos e así seguiremos...)

1 Lubre

Gosto desa síntese, RCG. Se houber sentidiño, Galicia podía dar un "sorpresón". Oxalá acerte. Saúdos.

2 Doutorando

Penso o mesmo; a coherencia ideolóxica ten que ser fundamental para formar novas alternativas nacionalistas.

3 Eche así

Estou de acordo contigo RCG, non o poideches explicar mellor.

4 Hamlet

Asi é, cunha nova situación, "sei ca vaca xa non dá, pra tanto lambón chupare", así que comezará un reposicionamento xeral..e o pp é o que máis ten que perder, non hai pra todos, e os colexios do opus, os diarios locais, galicia bilingui, as novas empresas que se están a formar para xestionar as escolas e os hospitais dende a "capital", os bancos que van qur¡edar cos restos das caixas...todos eles, están primeiro na ringleira do reparto...

5 Hamlet

Asi é, cunha nova situación, "sei ca vaca xa non dá, pra tanto lambón chupare", así que comezará un reposicionamento xeral..e o pp é o que máis ten que perder, non hai pra todos, e os colexios do opus, os diarios locais, galicia bilingui, as novas empresas que se están a formar para xestionar as escolas e os hospitais dende a "capital", os bancos que van quedar cos restos das caixas...todos eles, están primeiro na ringleira do reparto...

6 RCG

É que sería de sentido común, creo que concordamos. Do mesmo xeito que o votante españolista dispón dun arco ideolóxico máis ou menos ordeado onde elixir (EU para o voto comunista, PSdG para o socialista e o PP ou UPyD para liberalismo e dereita) é unha mágoa que o votante nacionalista galeguista non conte cos equivalentes (que poderían cubrir as forzas antes mencionadas, se quixesen e fosen serios e coherentes) e por non habelas que moitos teñan que votar resignados "ao que hai" tapando o nariz ou quedar na casa e absterse, é ben triste!

7 merlín

Totalmente de acordo. Ogallá sexa así!

9 Hamlet

Como hai quen gosta da mecánica: Pragmatismo e tranversalidade para acadar unha masa crítica ampla. O centro de gravidade pode que estea na esquerda, porén o de masa, o máis efectivo para o fin previsto, estará onde diga a xeometría. Obxectivo nidio, o pp.

8 CranioF

Cuiña non te xuntes con éstes, home, que te perdes. No PP fai falta reforzar o galeguismo xa presente. Déixate de nacionalismos e recobra a cordura, rapaz.

1 Manolo2

Deja al rapaz. Para una vez que hace algo coherente no le desanimes.

7 Manolo2

Respondiendo al titular: reunión de pijos progres con matiz galleguista refractarios por motivos obvios al partido comunista patriótico galego. Siendo prácticos: una excelente noticia. Mejor todavía sabiendo que en el PP nos libramos del pijo pesado de Lalín que lleva años dedicado full time a su promoción personal por todos los medios, empezando por este.

1 Manolo2

Por cierto, que el nombre y el conjunto coral recuerdan al puticlub "Acción & Classe" promovida por el conocido galleguista Dorribo.

2 Manolo2

Buena idea. No estaría mal que la fuga de inútiles continuara. Sólo hay un pero. Esos que comentas fueron elegidos por una mayoría absoluta de gallegos en su ámbito particular. Para tu desgracia.

3 Gloria Cago

Para mi desgracia, por supuesto, no es agradable vivir rodeado de un vecinario tan mediocre y de baja estofa política, igual que Valencia. Nadie es perfecto. Cada vez que escucho al típico votante gallego del PP opinando de política dan ganas de enviarlo a un centro de educación especial. Es bastante comprensible que de aquí hayan salido bastantes de los fascistas más renombrados de la caspa hispánica: Franco, Millán Astray, Fraga, Pío Moa etc. etc. etc.

4 Manolo2

Te comprendo. En general a mi eso me pasa cuando leo o escucho al típico militante del nacionalismo gallego: Lobeira, Sánchez Vidal, Blanco, Callón...o cualquier liberado de la CIG. Por lo general muy dados a actitudes totalitarias, peores todavía en el comunismo que en el fascismo, que ya es decir. Por lo general entiendo que un buen psiquiatra les haría bien. Aunque claro, para ello tendrían que darse cuenta, como meritoriamente hizo Beiras. Pero claro, Beiras es inteligente. Lo otros, parece que no.

5 Gloria Cago

Si, si. Si esos también. Tan mediocres y casposos como vosotros, sólo que en el otro extremo, ya te digo.

6 Pichiñas

Góstame iso do "Pijo de Lalín", Concordo co que dis, ese non faí máis que tocar os collóns a os do PP. Non pegoú golpe ña sua vida, vive das rendas do que xenerou seu paí fazendo todo tipo de tráfico de influencias dende seu posto de conselleiro, como ben denuncio López Veiga no seu día. Eu sempre lle digo, CUIÑA vaí traballar magnate.

7 Haijapaz

Fraga impulsou a autonomía política galega como quixeran os do 31. Non mescledes as cousas. A clave do futuro político galego está no medio das vosas diferenzas!! Non deixedes que vos enfrenten. Un conselliño.

6 Rafis

Calquera nova sobre algunha iniciativa nacionalista que non teña que ver co BNG... e xa temos a toda a recua de trolls upegallos dando a tabarra. Ide darlla a Conde Roa ou a Feijoo, oh. Vivide e deixade vivir, que haiche moita vida tamén alén do mercado de gando de Amio xD

1 anti trolls

Eso chamase aceptar as criticas. Coma vós non criticades aos outros, predicades co exemplo. Trollasssooo!!

2 Rafis

Tamén é que chamarlle "crítica" a un oubeo calquera move a risa

3 Lobo

Rafis non te referiras como trolls upegallos ao inclito Manolo.bis e outros como Lobito buenos, xouba, gamela, Gloria, etc. etc.que teñen copado o analisis sereno e equilibrado sin insultos do que era este diario fai algun tempo.

4 Rafis

é desagradable dar nomes aínda q sexan nicks, pero si, hainos en todalas beiras ideolóxicas e son insufribles (ademáis de rebaixar a calidade de GC) Ao final estallei, sinto se alguén se ofendeu e pido disculpas, pero máis argumentos razonados e menos trolleo.