Que é Acción Galega?

Un grupo de ex dirixentes do BNG, independentes e mesmo militantes do PP comezaron a negociar cos irmandiños e con +G a opción de participar nunha gran coalición nacionalista "aberta" e "centrada no país". O proxecto está en marcha pero aínda non colleu forma.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/04/2012 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Non é un partido político pero funciona como tal. Hai meses que ex dirixentes do BNG se xuntaron para analizar a posibilidade de crear un novo partido nacionalista á marxe do Bloque. Esa era a idea orixinal pero, tras o acontecido na asemblea nacionalista do BNG, os obxectivos mudaron.

None

Nesas conversas iniciais participaron rexedores do BNG, principalmente de Ourense, como Xoán Jardón, de Vilar de Santos; e outros ex dirixentes desta formación coma Teresa Táboas, Xosé Antón Pérez Lema ou o dirixente do PNG-PG, Xosé Mosquera. Pero tamén estaban outras figuras destacadas, polo menos en canto a súa militancia, do PPdeG, como é o caso de Rafael Cuiña, fillo do ex conselleiro de Política Territorial na época de Fraga, Xosé Cuiña. 

 

Nova etapa

 

Sen embargo, tras a decisión de Encontro Irmandiño de abandonar a fronte --unha decisión que seguiron outras formacións como +G, o PNG ou EN--, este grupo de persoas comezou unha nova etapa nos seus obxectivos políticos e abriron vías de negociación con EI para analizar a posibilidade de crear unha gran coalición nacionalista.

None

 

Segundo as fontes consultadas por GC, nesas conversas participaron Rafael Cuiña e Teresa Táboas, entre outros dirixentes. Houbo aproximación de posicións pero as posturas de Acción Galega foron claras sobre esa "gran coalición"; non pode ser un fronte de partidos "ao estilo do BNG", non debería integrar a formacións independentistas ou que teñan coma único fin acadar a independencia de Galicia e tería que estar aberta a posturas "centristas", ao estilo dos converxentes cataláns.

 

O papel de Beiras

 

Tamén houbo valoracións persoais sobre quen debería liderar esa fronte. E a postura dalgúns dos que participaron nestas conversas é que non debería ser dirixida por Xosé Manuel Beiras. "Quizais poidera encabezar a lista desta coalición por A Coruña, pero non ser o candidato", comentaron as fontes consultadas sobre o que dixo un destes interlocutores.

 

Posteriormente, a pasada semana, Acción Galega comezou negociacións con +G. Unhas conversas nas que participaron, entre outros, Xoán Báscuas e Rafael Cuiña.

 

Polo momento, non hai decisións en firme posto que as conversas que se manteñen son a varias bandas. EI mantén abertos canles de diálogo cos Ecogaleguistas, con +G, con Causa Galiza, coa FPG, cos distintos colectivos nacionalistas creados tras a asemblea nacionalista do BNG e mesmo con algún grupo de socialistas excindidos do PSdeG. Tamén +G dialoga con varios destes grupos. "É necesario algún tempo para avaliar as propostas que se están poñendo enriba da mesa e comezar a sacar conclusións", comentan as fontes consultadas.

 

Outro proxecto centrista

 

Por outra banda, Acción Galega mantivo, tamén, conversas informais con algún dos dirixentes doutra fronte de partidos de centro que se está a formar en Galicia e que xa mantivo algunhas xuntanzas. Nestas conversas teñen participado representantes de Terra Galega (TEGA), Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), Alternativa Popular Galega (APG), Converxencia XXI (CXXI) e Partido Galeguista Demócrata (PGD). Con todo, e segundo as fontes consultadas, non houbo ningún acordo.

 

"O que buscan é unha persoa mediática. Non dispoñen de ninguén que teñan certa proxección", di un dirixente consultado de Acción Galega. "Nós xa lle ofrecemos participar nesta nova plataforma pero semella que non amosaron ningún interese", apunta outro dirixente dun destes partidos. "Con ou sen eles nós seguiremos adiante co noso proxecto porque, desde logo, non entendemos como se conxunta iso dun partido que se di independentista como a FPG con outro de centro-galeguista como din que son eles", insiste en referencia a Acción Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 198 comentarios

60 Roi Xordo

Acción Galega podería ter o seu espazo, distinto do BNG, d enon sre pola escisión de Beiras e +G. En efecto, a coexistencia de tres ofertas (a do BNG na esquerda -seica extrema-, a de EI e +G na esquerda -seica morna-, e Acción Galega non se sabe moi ben se no centro esquerda ou no centro puro e duro) antóllaseme un exceso. Temo non haxa votos para tantas ofertas. Mágoa que a UPG apretara tanto o acelerador, e que Beiras e +G frenaran tan de golpe. A torta é segura cando chegue a curva.

1 aaaaaaaaaag

Todo o nacionalismo progresista debe permancer unido en torno ao BNG e este debe ser xenerosos cos que volten a casa común.

2 Roi Xordo

Totalmente de acordo contigo, "aaaaaaaaag". Mais antes hai que esclarecer algunhas cuestións: 1º) ¿qué entendemos por nacionalismo progresista?, pois Rafa Cuíña, militante do PP, e con quen eu simpatizo persoalmente, non me parece sexa un nacionalista progresista, senón un conservador moderado, un centrista logo. 2º) ¿Ten cabida o nacionalismo progresista no BNG?, posto que para a UPG -sector Bautista O Grandísimo- o nacionalismo progresista non pinta nada no BNG. 3º) A volta á casa común ten a dificultade de que xa non hai "casa común"; compre trocar o concepto polo de unha urbanización nacionalista de esquerdas, na que haxa varias casas, pero unha única urbanización.

3 Xanti

O BNG ten tres telediarios, tempo ao tempo...

4 Meu Reí

Rafa Cuíña non é de centro, é de esquerdas...ou centrado na esquerda como lle gustan dicir agora. O centro xa se está a mover, e non precisa de xente de esquerdas que confunda á xente. Acción Galega xuntarase con +G e Irmandiños, e o centro organizarase en torno a CXXI, PGD, APG, TEGA...PNG estará dudando entre quedar ña esquerda coma nos últimos anos ou voltar ao centro onde está o seu sitio natural.

59 Quitastes a careta

"Aberta" non quere dicir dereitas, que vós nunca o faríades, qué va, senón "non excesivamente de esquerdas", non é? Onde se sinta cómodo mesmo o fillo de Cuíña. E logo dicíades por estes foros que eses rumores eran "difamaciones da upegá"

58 George

Aí, aí outro Frente Popular Judeo... hai que recoñecer que o nacionalismo galego supera os chistes dos Monty Phyton

57 saña

PRA OS QUE NON SE QUEREN ENTEIRAR, UN ARTIGO CLARO E PRECISO: http://terraetempo.org/artigo.php?a...

1 pepe lui

Que ilu un artigo de Berra a Tempo

2 balbino68

Enteirar???? iso é un castelanismo caralludo. Recoméndoche que utilices no canto de "enteirar", "dar conta de", co que quedaría: "Pra os que non se queren dar conta,....."

3 Xanti

Claro que si Saña, ise artigo de Berra e Teima é un artigo como Kin Jong Il manda!! Hiperenxebrismo power!

4 galego labrego e comunista

A fundación Bautista Alvarez non se fai responsable das opinións verquidas polos colaboradores de "Terra e Tempo", neste caso a opinión dun tal Bautista Alvarez. Fai falla dicir algo máis?, se os propios acólitos da súa fundación pasan do vello... Bautista, hai que ir morrendo¡¡¡

5 saña

Os tontos miran o dedo que señala a lua

6 Manuel

Diras os parvos Saña??? Estades perdendo pureza... Eu son dos que mira ao dedo cando a UPG sinala, porque realmente non apuntan a nada útil para este país. En fin... Non esperaba tampouco nada distinto da secta á que pertences, seguidimos militar que non militante, coma na mesma Corea do Norte.

7 Rayleigh

Si manuel si..veremos o seguidismo que vos farán na nova chachifronte...Segue así. Ese é o espirito gañador. Xa veremos se os de EI, traballan para un candidato de +GZ ou viceversa. Ou xente de esquerdas para Cuíña. Levades a marca de Cain convosco. E se non é así, veremos se todas as siglas desaparecen logo de unirse na nova chachifronte. Moitos pensan que todo o que estan montando, interésalle os galegos, cando en realidade a inmensa maioría pasa de vos...demasiada pouca humildade vexo por aquí. Condición indispensable para formar un proxecto dende 0.

8 babosos, non grazas

Rayleigh, a falabarata que apostaba pola Táboas! Ja, ja. ja, ja... Saiuche furada! Dos que nacestes para serventes agradecidos non precisamos consello!

9 saña

Estou a espera de algun comentario asisado sobor o artigo de Bautista inda non lein nigun, seica podo reafirmarme que neste in-pais non se quere ler nin menos pensar, debe ser algo conxenito.

10 observador

Bautista dí o de sempre, saña. Os bós somos nós e os demáis, ratas, esterco,miserables...os galegos somos nós o resto españolistas, os de esquerdas somos nós os demáis unha merda, e que moito coidadiño porque hai no partido xente que non pensa coma nós, que é unto, e que hai que botalos tamén... en fin, este home só pode ter un partido político con clons del mesmo. Outro día se queres, falamos de política, que é como estar de acordo persoas que , por iso mesmo, teñen visións diferentes de moitas cousas e a pesar diso, conviven...

11 saña

Observador, non tes un nome mui acaido pechas os ollos e asi non ves nada. Saude e coidate

56 DANTON

Si señor, do porco ate os andares. Velaí vai de Caracas ao Senado co ar soberano, que non soberanista, ese artista do aurea mediocritas ourensano. Polo hedonismo epicúreo do porco, todos xuntos nunha ranchera, que a fronte está collida polos radicais. Por unha monarquía bandullista de extremocentro e hipersocial. Maruca, -colle a zoca no multicentro que temos que ir como un brazo de xitana, digo de mar-.