Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

36 Farto de vos

Gustoume o artigo de Bautista, usa a retranca para analizar e describir o acontecido como so el sabe. É unha mágoa este dixital de benegoloxía que rematase así, dentro duns días perderedes case todos os lectores.

1 Farto de farto

É unha magoa que Sermons Galiza xa vaia retrasar por enésima vez a súa data de lanzamento e tampouco saia o día 17. E será unha mágoa que este dixital relate a súa morte dentro dun ano, pois o sectarismo e a boa información son incompatíbeis. A A Nosa Terra e GZnación remítolles a vostedes, os castos e puros.

2 comento

que usa a retranca? botar lapos é retranca?? tes que ler a Cunqueiro rapás.

35 Ruano

Menos mal entrañable camarada, menos mal que llegas a tiempo de frenar la intentona de estos “polisones” dispuestos a secuestrar tu barco para cambiarle el rumbo, y en esa deriva, hacerlo zozobrar contra los acantilados españolistas. ****Para despistar dicen que llevaban en el mascarón de proa una estrella de cinco puntas.***** No lo pienses más, ordena que los arrojen por la borda sin salvavidas y a poder ser en pleno banco de tiburones, no tengas piedad con estos amotinados….******/// Bautista en serio, busca una recomendación en el Sergas, lo tuyo no admite lista de espera, se te están cayendo las neuronas y como sigas acelerando tu demencia senil, no quedará mas remedio que encamisarte en una de fuerzas e internarte en el psiquiátrico. *****Tú, no es que te hagas el loco, es que perdiste la cordura…!

1 Serantes

Ruano ti eres o tola da autoestrada que non non só veia un, senon 2oo tolos conducindo en dirección contraria. Deixa as drogas, larchán españolista!

2 Ruano

Señor Serantes, tiene usted idéntico nombre que la denominación de la parroquia de nacimiento del otro enfurecido líder de ese club cada día más minoritario llamado BNG, espero que tal coincidencia no atienda a una desviación de personalidad por gregarismo mimético. Si así fuera, le recomendaría mas originalidad con la selección de su etiqueta; Bautista Rodríguez le iría al pelo por ser el pseudónimo acorde a su cortedad.

3 Serantes

Pra ser un troll facheiro coma ti, mais curto cas mangas dun chaleco, cunha neurona sobrame equipaxe. Os fascistas españoleiros só sodes forza bruta, sobornos e corrupción. Millor exemplo co actual PP non o hai. O dito, cambia de camelo, que o que te está a dar quén te aprovisiona, che está a matar

4 roupo

jajaja! menudo ignorante que és ruano!nom te enteras de nada!

34 Shin Chan

E a próxima que toca é a depuración de algúns polisóns que tendes na UPG. Ao tempo!

33 Shin Chan

Para Bautista de Shin Chan http://pictures.todocoleccion.net/t...

32 Shin Chan

Para Bautista, de las mocitas madrileñas. http://www.youtube.com/watch?v=689z...

1 Belen Esteban

Compre facer un estudo sobre o papel de yutú no nivel de estupidización da sociedade.

2 comento

e dos desfies e paletismo militarismo e a relación co que significa a esquerda e o comunismo. A non ser que o asunto das soldadas sexa o qeu vos pon, máis que a propia monarquía coreana.