Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

26 Marcos Valcarcel

Son teimudo pero a posguerra xa está terminando. Bautista Álvarez, só tenho bos recordos de ti. Pero, a posguerra terminou e non te enteras. Agora as cousas dinse claramente. Sin ambaxes, como cando 4 intelectuais formabades unha estratexia súper-súper-súper, xa que os demais non tinhamos suficiente cerebro e instrucción.

1 GALICIANO DE PRO

escoita marcos sionista pensei que estabas en israel PERO AGORA VEXO QUE ESTAS NO FRENOPATICO DE MONTE PIO NO SOTAREGO TRABALLANDO COVADO CON COVADO CO TRAIDOR DE VIEIRAS, BEN TOMATE UN TRANQUIMACIN E QUE CHE PRESTE ji-ji

25 Bloque

Os auténticos nacionalistas galegos quedamos no BNG, os que defendemos a Galiza estamos aquí, onde temos que estar. Os amigos do PSOE e do PP, os antigalegos pro-capitalistas e vendidos estan tamén con quen teñen que estar. O BNG será a forza que consiga a soberanía nacional para este país, e para iso fai falta ter as ideas claras e firmes. Esto é moi difícil de entender para as cabeciñas que marcharon "para abrirse á sociedade" ¡que risa!, abrirse ao españolismo e aos que falan castelán, que hoxe por hoxe son a maioría dos galegos. Mellor ser poucos e con dignidade a moitos e vendidos

1 mk__

Só un detalliño, nas manifestacións de Queremos Galegos, aplaudem aos que falam castelam e apoiam as suas mobilizaçons. Queres dizer que o Carlos Callón e demais estiveron a mentir?

2 mk__

(Sento que se repetira o texto, nom é para tanto).

3 undamariña

jajjajajajajjajajajajaj, tas tolo coma a minoria dos que quedan no bloque

24 Pastelao

Ten toda a puñeteira razón! Os que agora vos escandalizades, ata hai 5 minutos cando estábades no pesebre defendíadelo e dicíades o mesmiño.

23 Pastelao

Ten toda a pñeteira razón! Os que agora vos escandalizades, ata hai 5 minutos cando estábades no pesebre defendíadelo e dicíades o mesmiño.

22 xunqueira

Non é que me caia moi ben o Bautista pero algo de razón ten no que respecta aos que quedaron no BNG, alguns estan xogando a dúas bandas esperando a que se consolide o Proxecto Común para posteriormente dar o salto, e mentras tanto a financiar o Porxecto Común cos cartos do BNG.