Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

21 Molido

O teatro en crise? que crise? A fundición Galicia Confidencial faise responsable de levar o teatro a escea periodistica.

20 Lois

A fundación Bautista Álvarez non se fai responsable das opinións do susodito ¡¡¡¡ ja ja ja ja. Aínda que sexa polo que me fan rir eu nas seguintes voulle botar ao BNUPG ¿era con b ou con v?

19 andrea

A Fundaqción Bautista Alvarez non se fai responsable da opinión de Bautista Alvarez! jajajajajaja...increible! E logo para máis disimulo, aínda culpa a GC de divulgar o que Terra e Tempo divulga! Subrealista! Está claro...desde a UPG vese borroso! Estades cegos ou solo vos facedes?! Que falta de respeto!!! Eu deixo de ser votante do BNG, non aguanto máis insulto!

1 Repúblicano da RG

O teu comentario si que é un insulto, insulto a intelixencia. O encabezamento é norma antes de cada artigo que publica Terra e Tempo, non sei porque ia ser unha excepción o artigo de Bautista. Do que dubido é de que foras votante do Bloque, Pinocha.

2 Ex nacionalista dende o 2006

Republicano da RG: Debe ser a primeira vez que en Terra e Tempo ollo esa "coletilla". Por outra parte, ven que se gardan de non dar entradas aos comentarios que non seguen a súa "liña" e todo iso sen faltar como leo aquí aos dun lado e aos do outro. Ah, e para os que avogan que algún día volveremos ao "redil", no meu caso non o verán os vosos ollos.

3 Repúblicano da RG

Pinocho, todolos artigos de Terra e Tempo levan esa "coletilla". Fixeches ben, o nacionalismo galego non precisa de troleiros coma ti.

4 Repúblicano da RG

Pinocho, todolos artigos de Terra e Tempo levan esa "coletilla". Fixeches ben, o nacionalismo galego non precisa de troleiros coma ti.

5 rTUZ

Esa "coletilla" non existía até que se lle publicou a Bautista outro dos seus exabruptos. Non nos tomedes por parvos, que non o somos.

6 nacional-popular

Este Republicano minte. Para verificar que non tódolos artigos de Terra e Tempo levan unha nota editorial avisando coma neste caso e mesmo que esa nota editorial é unha cuestión extraordinaria, non hai máis que acudir ao propio medio. ¿Como se pode ser tan pailán e acusar de Pinochos aos que din verdades?

7 andrea

Seguide insultando...mentras agardamos unha nova opción de voto nacionalista respetuoso! Ti si que desbordas intelixencia Republicano da RG... Vaia nivelazo!

8 comento

REPUBLICANO DA RG: MIN-TI-REI-RO. ç Xa nin a zarzuela chegades. ë que alguén por esa casa non teun un mínimo de senso e lóxica? POr min, seguide así, as risas que fornece o TeT son impagables!!

18 Xisto

Qué o pobo fale e decida! namentas tanto non viña mal un pouco de sentido común o menos común dos sentidos e que non ten nada que ver co proxecto común dunhos poucos, e identificar o verdadeiro inimigo.

17 Santiago Maceiras

Non era que iades facer o voso proxecto fora do Bloque? ou era en contra?. Pillase antes un mentireiro que a un coxo.

1 Maracaibo

Bautista debe referirse a Rafa Villar, Antolín Alcántara etc, a marca branca da UPG