Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

16 Fran

Unha semana despois de publicado o susodicho artigo vos dades conta de que outra vez, grazas ao Bautista, podedes ter novamente unha chea de entradas dos salvapatrias internautas no voso dixital. Ben, cada quen saca proveito do que quere o do que pode.

1 laia

Tentades facer responsables dos vosos actos e afirmacións a medios de comunicación! Que nivel! Como sigades así xa saberedes o que pasa nas eleccións!

15 Xanti

Aí falou a U de verdaded, claro que si Bautista... manda carallo. O xa foi xa está, tendes unha obsesión enfermiza; votádelle as culpas aos do MGS ou os independentes, que aínda queda xente a quen botarlla.

1 Pesadiño

Obsesión é a túa contra o Bloque. Sorte co fillo de Cuiña, a recuperar o galeguismo cordial do fraguismo.

2 Galego

Si home si.... temos obsesión contra o BNG, e o pobo nas vindeiras eleccións tamén a terá...e así até a derrota final. Eu son dos que dubidaba, tiña a esperanza de que a dirección do BNG abrira os ollos, máis cada día vexo máis claro que votar BNG será tirar o voto.

3 Oíches Galego

A min pasábame ao revés, pero co PRoxecto de Beiras, tiña esperanzas, pero ao ver como seguides insultando en Internet comigo non contedes xa.

4 Xanti

Oíches, todo o que non opine coma vós é un PPersoeiro. o mellor de todo e que nalgunhas cousas sodes cuspidiños.

14 Abur GC

Síntoo por Galicia Confidencial, polo que se ve falta pouco para que apareza un medio de comunicación serio neste país. Perderedes os lectores que gañastes coa desaparición dos outros medios en galego. A ver se analizades porque, un pouco de autocrítica e renovación da que tanto esixides non vos viría mal.

1 rula

hahahaha...unha resentida da UPG! O Bautista é un valor de carallo. Viva o respeto da UPG

13 Josemiguel

LA UPG DEFIENDE EN SU PONENCIA POLITICA DE AMES QUE SU MISION NO ES GOBERNAR LAS INSTITUCIONES SINO ADOCTRINAR A LA CIUDADANIA.ES `POR ESTO QUE BUSCO LA FRACTURA DE BNG NOFUESE QUE SI SE RENOVABA TUVIESE QUE GOBERNAR SIN ANTES ENER ADOCTRINADO A LOS CIUDADANOS ESTAN DESEANDO OTRA MAYORIA ABSOLUTA DE FEIJOO POR ESO BAUTISTA Y SUS MARIACHES ATACAN A TODOS LOS GALLEGUISTAS NACIONALISTAS QUE NO SON COMUNISTAS.

1 anti trolls

nacionalistas galeguistas que minten en castelan, coma ti. Troll pepeiro!

2 Manuel

trolllllllllls os da UPG e ademais cobran. Vailles o prato de lentellas no lixo qe poñen. Mediocres vividores do conto, aspirantes a nada. De risa o BNG, de auténtica risa

12 augadoce

Je, moi bo a introducción do artigo por parte do "consello de redacción" da revista, onde di algo así como que A FUNDACIÓN BAUTISTA ALVAREZ NON SE FAI RESPONSABLE DAS OPINIÓNS QUE ESCRIBA BAUTISTA ALVAREZ... A verdade e que esto que expresa Bautista e o que din polo baixo moitos militantes da UPG, que agora destapan a careta e saelles a rabia contra todo o que non sexa "dos deles". Menos mal que nunca chegaran a gobernar nada neste pais. Eles que sigan coa súa rabia e nos adiante co Novo Proxecto Común, onde teñen cabida persoas de miras mais amplas que os que quedaron no BNG. Por certo moitos aínda siguen suscritos a Terra e Tempo e vai sendo hora de facerlle o boicot tamén....

1 Edelmiro

Onde teñen cabida os vendedores de crecepelo a percura dun posto. Novo proxecto sin sentido común. O pobo vai mandarvos ao car allo, larcháns. Logo viredes a casa común a vivir de okupas outra vez.

2 auga salgada

Agardo que cando fracase o Vello Proxecto PArcial non teñan a cara de querer volver, polo menos os ideólogos, aí ten razón Bautista. Algún despistado que levaron xa está volvendo, a eses si que hai que aceptalos de novo. Sorte co fillo de Cuiña

3 comento

HE HE HE abofé Augadoce. Ë como un prospecto farmacéutico: os efectos secundarios son estes... vostede verá". Si, e o mellor dese humor absurdo é iso qeu ti dis: A FUNDACIÓN BAUTISTA ALVAREZ NON SE FAI RESPONSABLE DAS OPINIÓNS QUE ESCRIBA BAUTISTA ALVAREZ... Aïnda non parei de rir. Mira que son bos humoristas no Berra a Tempo...

4 anti trolls

Non é tan complexo de entender pra alguén que teña algunha sintoma de vida neuronal. A formación Bautista Alvarez que engloba a un colectivo de persoas non se fai responsable das opinións persoais de ninguén.

5 comento

...xa, por iso... xa o poñen por se acaso!! non me digas que non é pra rir!! que non é porreiro!!! Vidabryanismo a tope!!!