Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

6 comento

o vello e entrañabel B-Autista Alvárez, un fenmeno e pavero seareiro do Real MAdrís, que fai de poli malo da U´. Simpñatico o agarimo despregado apra cos seus compañeiros de fronte..............se os que ficaron non entenden a estas alturas da película cal é o arguemtno do finado-BNG, non é quie xa que están chocos, é que están totalmnte anestesiados e domados pola razón verdadeira dos bispos da U. Bautista, segue así campión!!

5 Manuel

A ver o único partido como tal que hai hoxe no BNG é a UPG, así que non sei por que diaños non se presentan as eleccións como tal, ou mellor dito, si sei, porque saben que o nome do BNG é o único que pode disimular todo o lixo que teñen enriba. Respeco ao que di este perdedor de perdedores, mestre dos Carummeiros e comunistas patrióticos do Lexus no Berra a Tempo, penso que é algo irrelevante que so lle pode importar aos seguidores do Papa negro e aduladores de Kim jong il

1 Antón

ha ha ha trollasooo!!!! Korea do Norte é o principal interesado en ca nosa economía vaia ao garete, por ser os que detentan a maioría dos seguros de debeda non pagada (CDS) en que se privatice por doquier. A que nos pasa a factura do seu demencial maquina de guerra, mediante hipotecas subprime e demais...Evolucionade infrahumanos.

4 Ourense

Este perdeu o Norte... Bautista, Bautista, que noxo, co ben que podías xubilarte. Resistencia armada? Como se a UPG (e membros actuais) non colaborase no seu tempo con ETA, o de Moncho Reboiras, PSAN, UDB, irlandeses, etc. Fáltanos memoria Bautista? Non estás ti para dar leccións a ninguén!!!

3 Black Crow

Si dependiera de este esperpento, Corea del Norte sería Beverly Hills comparada con Galicia, y sin desfiles de mujeres soldado en minifalda y botas altas.

1 Larchán

Se dependera de fachas coma ti, Galiza estaría como está agora. Famenta, ardendo, inculta, en quebra....

2 eusi

É democracia o que facía o marido da Socorro García en Compostela?: Avisar cando había asembleas só a aqueles que lle interesaba. É democracia pór trabas para que os militantes voten nas asembleas do BNG? Rio-me eu destes democratas de pichiclás.

1 Paga home

Paga as cuotas home a ver en que sitio che van andar deixando votar sen pagar as cuotas. Seguro que Beiras e o fillo de Cuiña volo permiten.

2 Ex nacionalista dende o 2006

De pagalas cotas xa se encargaba a UPG aos "fieis e incondicionais" cando tocaba asemblea.