Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

11 Lisardo

Divide e vencerás. Non me axudes mais, compai nacionalista. Non o digo por Bautista que escribe prós seus. O digo por GC que escrebe supostamente pra pluralidade.

1 comento

tranquilo,isto só o lemos os da parroquia

10 Escéptico

Feijóo nunca lle agradecerá suficientemente aos Bautistas e demais mandachís dos BNG todo o que están a facer para que renove o seu mandato.

1 Larchán

lol lol lol lol, agora é o Bloque o que lle está axudar a renovación de Feijóo? Dame de eso que fumas.

9 Antón

Non hai peor xeito de manipulación informativa que sacar fases fora de contexto. O que tiñades que facer é reproducir o artigo e que a xente opinará. Terra e tempo é un medio de información da UPG, onde de cando en vez saen artigos diferentes a liña da foemación. Non o negan, vós nembergantes tomades partido por unha parte, partindo dunha suposta imparcialidade. O artigo de Bautista é moi bó, no que se din verdades coma puños. Todo dende unha visión provocativa como soe ser frecuente en Bautista. Vós os limitades a descontextualizar, sacando o menos afortunado do artigo.

1 Black Crow

De eso nada, los artículos de las viejas glorias berenjenas son unos tochos que te ca.gas, así que los lea su abuela.

2 Antón

Seguro que pra encefalogramas planos coma o teu, non son, non. Ti o teu, a botar a lingua a pacer, sen coñecemento.

3 Black Crow

Bueno, sí, somos un poco gañanes, pero tenemos mas pasta y follamos mas.

4 Conde Roña

¡Y tanto!, querido amigo, ¡y tanto! Lo segundo llega a consecuencia de lo primero.

5 Antón

Os que teñen mais pasta non presumen delo, como moito fan obstentación. E unha cousa e follar e outra que che goste que che den polo....saco. O masoquismo non é follar, polo menos pra min.

8 comento

o vello e entrañabel B-Autista Alvárez, un fenmeno e pavero seareiro do Real MAdrís, que fai de poli malo da U´. Simpñatico o agarimo despregado apra cos seus compañeiros de fronte..............se os que ficaron non entenden a estas alturas da película cal é o arguemtno do finado-BNG, non é quie xa que están chocos, é que están totalmnte anestesiados e domados pola razón verdadeira dos bispos da U. Bautista, segue así campión!!

7 Barbeiro

Kim Jong-Un, necesita a túa axuda Bautista, Galiza non.

1 Antitrolls

Galiza vai sobre rodas, cara o descarrilamento según ti. A rañala, trolls.