Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

46 Doctorhouse

Xa van sendo horas camarada Álvarez, con todo respecto, vaia pensando en ir pra cama, ah! e tómese a clausula antes de durmir que senón ten pesadelos. Hai, estes da UPGAGÁ. Se Lenine ergera a cachola...

1 Cecilio

Doctorhouse, se nin sequera sabe dicir "cápsula", de que pode opinar vostede? Aquí, baixo o anonimato, todos nos cremos doutores, pero hai moito ignorante.

2 antidoping

ha ha seguro que ti illuminati eres todo un experto no pensamento leninista.

45 nacionalista anti UPG!!

bauti!!bauti!!cala a boca q nn dis mais q tonterias e a tua guerra xa pasou!!os q ti xamas polisons convenhenbos bn senn nos qeriades!!vaite tomar polo cu con fraga!!

1 Pois non te queda que aturar

Vai nivel que tedes os españolistas burgueses! o cosmopailan sen cultura nin educación defecou creendo que pensaba.

2 nacionalista anti UPG!!

españolista nn,pero de baixo nivel considerome e moi orgulloso.ase foi como funcionou o BNG co xente de a pe,e nn con licenciados e merdentos intelectuais coma agora q qeredes comer todos da mesma bacia e nn sabedes nin ser porcos!

3 drudal

mimadrinha nacionalista anti upg! vaia complexo que tés meu!

44 Carreira

E dalle coas ficcións: "(...)tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU". Se están polo comunismo que conten conmigo, pero ata agora non vin que a o BNG deixara constancia de finiquitar a sua vocación de alianza coa burguesía especuladora (á que non lle importa Galicia). É máis, no Terra e Tempo son lexión os artigos de recoñecemento do marabilloso que foi o bipartito, e que pior é o do PP (ghracias, hom). Non quero que me perdoen a vida, e que me estean a dicir todo o tempo que eles son o millor entre un mollo de malas opcións.

1 Carreira

E persoalmente recoñézome nos principios da ApU. Dende logo, máis que nos dos máis que ou non sei cais son ou son os fundacionais do BNG. Pero a ApU non é o BNG, non presenta programas de goberno nas eleccións. O movemento amósase andando e terei que agardar a ver cómo se move o BNG e qué programas presenta para decidir se votarlles ou non.

43 Ruano

Oye Bauti haz por tirar una nueva edición de "As Bases Constitucionais da Nación Galega" parece que se agotó en las librerías, pero quitale hierro y haz un prólogo como el artículo de marras, para hacer reir a Galicia al completo ,, Si te pilla Leo Bassi te ficha para la turné No tienes remedio!

1 Seixo

E a ti se te pilla o finado Angel cristo fíchate de mona (parva) para o seu show.

2 Carreira

Non insultes ós monos !!!

3 toniño

anda dous cachorrillos que viven da moqueta sen oficio...creo que a momia tamén se refería a vós...

42 Bruar

Os comentarios de Bautista parécenme unha zarzuela. Nestes tempos de caza maior é moito dicir. Seguindo por ese camiño os que xa marcharon del e os que o siguen teñen máis argumentos para o enfrontamento e isto dito nunha data sin data de eleccións do calendario. A confrontación vai subindo de grao cando falan os que menos pensan no futuro. Puros e non castos, castos e non puros no futuro farán equilibrios despois do voto depositado.