O financiamento de autonomías segue parado á espera dun informe da Avogacía

A resposta dos servizos xurídicos do Estado foi, segundo a ministra, que un Goberno en funcións non pode dar este paso, polo que Montero se comprometeu a aprobar estas transferencias ás autonomías cando se constitúa un novo Executivo.

Por E.P. | MADRID | 27/08/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O Goberno aclarou que aínda non existe informe da Avogacía do Estado no que se argumente que un Executivo en funcións non pode transferir ás Comunidades Autónomas máis financiamento, pero o Ministerio de Facenda está á espera de recibir "en breve" un escrito neste sentido.

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, sinalou recentemente que consultara á Avogacía sobre se o Goberno, estando en funcións, podía actualizar as entregas a conta do sistema de financiamento autonómico. A resposta dos servizos xurídicos do Estado foi, segundo a ministra, que un Goberno en funcións non pode dar este paso, polo que Montero se comprometeu a aprobar estas transferencias ás autonomías cando se constitúa un novo Executivo.

O PP reclamou este luns no Congreso que Facenda entregue o suposto informe da Avogacía do Estado onde se argumenta o que di a ministra. Fontes do Executivo explicaron este martes a Europa Press que aínda non existe fisicamente tal informe, pero que Facenda está á espera de recibilo "en breve".

A ausencia de Orzamentos impediu actualizar as entregas a conta do sistema de financiamento autonómico, así como pagar un axuste do IVE de 2017 pendente. As comunidades elaboraron os seus Orzamentos para este ano contando con ese diñeiro, que finalmente non van recibir e denunciaron xa un desaxuste de máis de 6.000 millóns de euros, segundo datos recolleitos por Europa Press.

O PP considera que a distribución de fondos do sistema de financiamento por parte do Estado ten que ser obrigatoria porque é un dereito das autonomías, non algo "discrecional", polo que ve "especialmente importante" coñecer os argumentos da Avogacía do Estado aos que alude Facenda.

Ademais de pedir este informe no Congreso, o PP solicitou un debate no Senado co Ministerio de Facenda e as Comunidades Autónomas sobre esta cuestión. A iniciativa será votada este martes na Deputación Permanente da Cámara Alta e dependerá da decisión do PSOE, con maioría absoluta.

Roda de prensa da ministra de Facenda, María Jesús Montero. ÓSCAR DEL POZO
Roda de prensa da ministra de Facenda, María Jesús Montero. ÓSCAR DEL POZO | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta