Décadas de aforros galegos a piques de ir a poxa por 1 €

O plan de Castellano e Feijóo para salvar Novagalicia Banco non é factíbel sen que Bruxelas cambie a lei, di o Banco de España. Ao PPdeG convénlle que a poxa sexa axiña.

Por Walter Burns | Santiago | 22/04/2012 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Até esta fin de semana había dúas opcións para salvar Novagalicia Banco. A defendida por José María Castellano e a Xunta pasa por atraer  investidores privados que merquen parte do 90,6% das accións nacionalizadas. Esta opción, complicadísima ante a recesión, é hoxe aínda máis remota.

O Banco de España informou a NGB que esta vía non se pode valorar "ao introducir elementos cuxo encaixe normativo non é evidente no momento actual, e estar condicionada á aprobación previa das autoridades españolas e comunitarias, e suxeita aos acordos que, no seu caso adopte o FROB”. Noutras palabras, que cómpre un cambio das normas por parte de Bruxelas, algo imposíbel vista a presa que ten a UE porque España remate xa a reforma dos seus bancos.

Polo contrario, o Banco de España asegura que si aproba “a venda da participación do FROB nun proceso competitivo de poxa”, a outra alternativa. Iso si, esta vía xa se aplicou á CAM e UNIM. As dúas acabaron regaladas por un euro a outras entidades españolas, dispostas a tragarse os seus activos (moitos deles tóxicos por mor do ladrillo, como os da entidade galega) a cambio da carteira de clientes.

Acabarán tamén décadas de aforros galegos malvendidos por un euro? Salvo gran sorpresa, así será.

Castellano, malia xa ter aplicado dous EREs, non logrou traer investidores dabondo para recomprar o 90,6% nacionalizado. A compra dunha porcentaxe menor debe ser autorizada polo Estado. Ademais, os investidores que xa ten piden garantías adicionais a España e a propia NGB. Esas garantías pasan por blindar o seu investimento. É dicir, que se o banco vai a pique finalmente, o Estado e o resto de accionistas de NGB deberían pagarlles o investido para que non perdesen un duro. Unha demanda inasumíbel para España, nunha pésima situación financeira, tendo en conta que o Estado xa investiu miles de millóns en darlle alento a NGB e agora tería que rascarse o bolsillo outra vez, pero para protexer o peto de intereses privados e foráneos.

Castellano ten até Outono para atraer investidores. Porén, a carta deste sábado do Banco de España mostra as presas das autoridades financeiras por acabar coa agonía de NGB.

A pelota está no tellado de Castellano e Feijóo, tentar espremer o prazo ou asumir xa o que parece inevitábel e sacar o banco a poxa, que é o que quere o Banco de España.

De non ser posíbel a recapitalización de NGB, a Feijóo interésalle unha poxa canto antes, para separala o que poida das eleccións autonómicas deste outono ou, máis posiblemente, da próxima primavera.

Chegar á campaña con titulares contando a fin definitiva de todo poder financeiro galego non lle convén ao PPdeG. Máis cando Feijóo foi o gran valedor político da fusión das caixas galegas, que é evidente non produciu unha entidade robusta dabondo para captar os investidores imprescindíbeis que tapasen os buratos da burbulla do ladrillo, creada por uns xestores que ademais se marcharon para casa con millonarias indemnizacións.

Cómpre lembrar que a viabilidade da fusión entre Caixanova e Caixa Galicia foi posta en dúbida nalgunhas ocasións, polo menos entre liñas, polo líder do PSdeG, Pachi Vázquez. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén socialista, acusou a Feijóo de condenar a Caixanova a fusionarse cunha Caixa Galicia máis endebedada.

Responsábeis á marxe, o que é evidente e que Galicia quedará, salvo milagre de ultima hora sen banca de seu neste ano.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

12 Ruano

México lindo y querido.....Ahora no solo nos va resolver el futuro financiero,también hará lo propio con el sector naval. .......Y después de que Carlo Collodi se esforzara en en crear a Pinocho....le salen réplicas por doquier.

11 Ruano

México lindo y querido.....Ahora no solo nos va resolver el futuro financiero,también hará lo propio con el sector naval. .......Y después de que Carlo Collodi se esforzara en en crear a Pinocho....le salen réplicas por doquier.

10 Black Crow

No tenéis ni idea. Alberto en su viaje a México de hace unos meses consiguió interesar a grandes inversores que van a sacar la nuestra caja del pozo en el cual está metida y así se conseguirar mantener la galleguidad y pagar las preferentes. Es que Alberto es una hacha, debería ir a Mexico constantemente, así ni problemas en las cajas, ni en el sector naval, etc ...

1 entreoscarballos

si oh si

2 Antón

Foille percurar mercados ós militantes narcos das Rias.

3 Tontón

Si, eu tamén o vin (xunto co Antón, pois eramos catro na viaxe, e o cuarto chamábase Fernando B.).

4 Antón

Pois non o tomes a coña pero é un segredo a voces, que certos sectores afins ó PP presionaron pra que houbera unha especie de amnistia fiscal, xa sabes o do 10% pra queaflorara o diñeiro negro de narcotrafico, prostitución e demais.. cecais agora o PP pensa facer do país un gran centro de lavado de diñeiro negro dos carteles. Esperemos que non traigan as foxas comúns, ainda que cos franquistas....xa se sabe.

5 Tontón

Igual de segredo revelado que o Fernando B. era predidente do clube privado Acción & Klase, que xogaban ao impasible cunha dama debaixo da mesa, que todo se soubo desde o Carioca... Pero a ti hai unha parte do negocio que sempre che esquece, o negocio ou participación dos teus. Os de esquerdas no falar, que non no facer, pois no fondo sodes dereita pura e dura.

9 Sanctius

Outro exitazo do merdán dos Peares e da súa chusma.

8 Robin das Carballeiras

En Catalunya e en Euskadi pasa isto? NON. En Catalunya e en Euskadi votan maioritariamente PP e PSOE? NON. Pois iso, sigamos votando a estas bandas que así nos vai. Primeiro votámolos e despois queixamonos. O tan mentado conto de sempre: mexan por nos e dicimos que chove, pero é que nos poñemos enrriba nosa os que nos mexan. As veces penso que non temos remedio, que somos un povo morto, que non temos orgullo.....etc, etc.

1 Larchán

E logho non pasa o mesmo? ti alucinas.

2 Francisco

O proceso xeral foi o mesmo, pero as situación das caixas é diferente según qué entidade. As caixas galegas estaban enladrilladas ata arriba. O de seren caixas, e galegas, era xá unha ficción. A min só me interesan os problemas da banca, na medida en que se fale de si vai ser pública ou non. O demáis dame igual.